O PP agradece o compromiso da Xunta para que o Centro de Saúde de Monfero volva contar con dous facultativos fixos

A portavoz do Partido Popular de Monfero, María Belén Salido, mostrouse hoxe moi satisfeita despois de coñecer que o Centro de Saúde do municipio volverá contar con dous facultativos fixos a partir do próximo 2 de novembro.

A popular coñeceu a noticia tras a reunión mantida co xerente da área sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, quen lle traslado o compromiso da Xunta de Galicia para cubrir unha vacante que, desde que o ano pasado xubilásese o anterior médico, estaba a ser cuberta de forma provisional.

“É unha gran noticia para os preto de 2.000 veciños de Monfero que, desta maneira terán unha asistencia médica de mellor calidade”, apuntou a portavoz popular, quen lembrou que o seu municipio é un concello con moita extensión e con poboación envellecida que, na súa opinión, agora terá máis e mellores opcións para acudir ao médico.

O compromiso do goberno autonómico

Salido aproveitou para silentar que, ante a falta de profesionais que se está a producir en toda España, a Xunta fixo o que non fixo ningunha comunidade autónoma ofertar prazas en propiedade por concurso de méritos sen necesidade de pasar por unha oposición

Neste sentido, a popular recordou que a lei de medidas fiscais e administrativas para 2022 estableceu a creación da nova categoría de facultativo especialista de primaria e a súa provisión, de xeito extraordinario, por ese concurso de méritos.

Graza a esa Lei, a Xunta lanzou este ano oferta de 106 prazas de facultativo especialista de atención primaria para dotar de persoal as prazas vacantes de mais difícil cobertura. Estas 106 prazas xa están resoltas e publicadas no DOG do 27 de setembro de 2022 e das que 91 están a tomar posesión ao longo do mes de outubro. A estes uniranse outros 15 o mes que vén ata completar así as 106 prazas.

Estes 106 profesionais, explicou Salido, cubrirán cada un deles dúas gardas ao mes nos Puntos de Atención Continuada, co cal poderase contar con 212 gardas mais ao mes, o que suporía mais de 2500 gardas ao ano.

Inversión en Monfero

Por último, a portavoz do PP recordou que, no ano 2021, o Goberno Autonómico levou a cabo obras de mellora no centro de saúde de Monfero por importe de case 33.000 euros a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Monfero.

O convenio, dixo Salido, tivo por obxecto establecer as bases da colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Monfero para o financiamento das obras de reforma no centro de saúde de Monfero , propiedade do concello.

As obras de reforma comprenderon o pintado exterior e interior, a limpeza das fachadas de pedra, a substitución da fontanería e a reparación de falsos teitos.