A portavoz do Partido Popular no Concello de Muxía, Sandra Vilela, asegurou hoxe que a súa formación se compromete a votar a favor do Plan de Obras e Servizos (POS) a condición de que o rexedor, Iago Toba, sente a negociar co resto de grupos da oposición os proxectos que se inclúen no documento que se trasladará ao pleno municipal e, posteriormente, á Deputación da Coruña.
“Reiteramos unha vez máis o noso compromiso e a nosa vontade a negociar para chegar chegar a acordos”, afirmou Vilela, quen incidiu no feito de que o señor Toba “non debe esquecerse de que goberna en minoría e necesita de acordos para sacar adiante os seus proxectos”.
Neste sentido, a portavoz popular subliñou que a súa formación, que xa envío un escrito ao rexedor para solicitarlle que convoque ao resto de forzas políticas, non está disposta a que os veciños de Muxía vivan unha situación similiar á ocorrida no Concello de Ponteceso, onde, según Vilela, a “cabezonería” do seu alcalde deixou, polo momento, ao municipio sen os fondos do POS.
“A poucos quilómetros de aquí temos o exemplo do que sucede cando un alcalde pon os seus intereses particulares e políticos por encima dos intereses dos veciños”, explicou Vilela, quen indicou que a súa formación esixirá ao señor Toba que se comporte como un “alcalde responsable” e capaz de dialogar para chegar a acordos que son necesarios para o municipio.
Por último, a portavoz dos populares advertiu ao rexedor municipal que, todo o que non sexa chegar a un acordo, converterase nun “fracaso” do que, dixo Vilela, o único responsable, “e así o saberán os veciños”, será o señor Toba de continuar coa súa “postura ditactorial” de querer impor o seu plan.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742