O grupo do Partido Popular no Concello de As Pontes, a través do seu portavoz, Javier Acosta, cargou hoxe duramente contra a decisión unilateral de Endesa de cerrar a térmica do municipio e deixar tirados a centos de traballadores e de familias que viven ao redor da actividade que xera a planta.
Os populares censuraron que a compañía adopte esta postura sen explorar outro tipo de alternativas e sen ter en conta, dixo Acosta, ao resto de integrantes que forman parte da mesa de traballo que busca desde hai meses solucións para a complicada situación industrial que está a vivir a comarca.
“Estamos ante unha situación intolerable. Non se pode consentir que despois de décadas nas que a empresa se aproveitou de todos os traballadores que achegaron o seu granito de area, agora os deixe tirados sen ningún tipo de alternativa”, subliñou o popular, quen lamentou a situación na que quedan os empregados da planta, das auxiliares, os camioneiros e todos aqueles negocios que, de maneira directa e indirecta, dependían da planta.
Nesta liña, desde o grupo popular das Pontes tachan de “despropósito absoluto” que no momento no que se están buscando alternativas industriais que fagan viable a planta desde o punto de visto técnico, ambiental e económico, Endesa rompa con todos os compromisos adquiridos e anuncia o peche da central antes mesmo de presentar o informe coas conclusións das probas con biocombustibles.
“A transición enerxética errática que está a realizar o Goberno central non pode servir de escusa. Esta é unha decisión improvisada, que non ten nin pés nin cabeza e que deixa en evidencia que a dirección da planta sempre tivo claro que ía cerrar a térmica”, apuntou Acosta, quen incidiu na necesidade de convocar canto antes a mesa das Pontes para que a empresa explique esta decisión e póidanse avaliar polo miúdo por parte dos técnicos as conclusións do seu informe.
Seguir pelexando
A pesar da situación provocada pola decisión da dirección da planta, o portavoz do Partido Popular no municipio subliñou que tanto a súa formación como o Goberno autonómico seguirán pelexando por salvagardar a viabilidade da factoría e, sobre todo, o futuro económico de todos os traballadores.
“É necesario que todas as administracións remen na mesma dirección. Ante a deslealdade institucional mostrada pola empresa, o único camiño é a unidade e o compromiso por parte de todos ante un ataque directo e frontal un dos grandes motores económicos da comarca”, concluíu Acosta.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742