A portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Culleredo, Izaskun García, criticou hoxe que o municipio se atope a “anos luz” en niveis de licitación de obras respecto doutros lugares como Arteixo, Oleiros, Narón, Ribeira ou Ames.
A popular puxo sobre a mesa uns datos que colocan a Culleredo no último posto respecto dos índices de licitación relacionados co orzamento de cada uns dos concellos de máis de 25.000 habitantes –Arteixo, Oleiros, Narón, Ribeira, Ames, Carballo e Cambre- que hai na provincia da Coruña.
“No primeiro semestre do ano 2022, Culleredo só licitou 230.000 euros fronte aos 6 millóns do Concello de Arteixo, e en canto ao orzamento municipal, mentres Culleredo non chega ao 1%, en Oleiros alcanzaron xa o 17%”, explicou García.
Á hora de buscar un motivo ao que cualificou de “paupérrimo” índice de licitación, a portavoz popular responsabilizou sen dubidar á “nula xestión” realizada polo Goberno Local. “Os datos son indiscutibles, son obxectivos e non hai posibilidade de rebatelos. No vale xustificar todo coa pandemia porque noutros concellos tamén a pasaron”, dixo García, quen asegurou que en Culleredo hai un alcalde que “vive de brazos cruzados, que non é capaz de sacar adiante proxectos que son fundamentais para os veciños e que xa non sabe nin que dicir cando se lle preguntan as cousas”.
Cansados de promesas
Nesta mesma liña, a popular incidiu en que esta situación está a repercutir na calidade de vida duns veciños que teñen que soportar ano tras anos as consecuencias da falta de mantemento do patrimonio municipal, as escasas instalacións e servizos e a falta de investimentos.
“O señor Rioboo pretende que a xente viva de promesas mentres seguen esperando pola a renovación da Praza de Galicia, polo proxecto da senda peonil entre Castro-Laxe-Vilaboa, polo campo de fútbol de A Lavandeira, a pista multideporte, o parque Sofía Casanova e máis actuacións que se quedaron no tinteiro”, concluíu García.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742