O PP critica que González Formoso estea máis preocupado da súa campaña política que de gobernar o Concello de As Pontes

O grupo do Partido Popular no Concello de As Pontes criticou hoxe a través do seu portavoz, Javier A Costa, a ausencia do rexedor, Valentín González Formoso, no pleno celebrado esta semana no que se aprobaba o orzamento. “Somos conscientes de que hai tempo que o municipio deixou de ser importante para o alcalde, pero é inaudito que tampouco se presente o día que se saca adiante un documento de vital importancia para o concello”, dixo o popular.

Os populares censura o “abandono” no que se atopan os veciños do municipio e, o máis grave, dixo Acosta, o pouco respecto institucional que mostra un González Formoso “máis preocupado da súa carreira política que das súas obrigacións como alcalde e con aqueles que o elixiron”.

Nesta liña, os populares aproveitaron para cargar contra o rexedor por un ‘modus operandi’ que se repite tamén como presidente da Deputación da Coruña onde, segundo Acosta, a falta de compromiso de González Formoso fixo que a institución provincial só executase o 42% do seu orzamento.

“Levamos semanas aguantando ao secretario xeral do PSdeG tentando dar leccións morais a Alberto Núñez Feijoo sobre o seu compromiso cos galegos, mentres el converteuse no campión da irresponsabilidade institucional tanto no concello de As Pontes como co resto da provincia”, subliñou Acosta.

Lonxe de quedar aquí, o popular incidiu en que clase de alternativa pode presentar o PSdeG a nivel autonómico cando o seu candidato non é capaz nin de xestionar unhas contas locais de 15 millóns de euros. “Xa vemos o que teñen que sufrir os concellos da provincia, non queremos imaxinarnos que pasaría si González Formoso faise responsable dunha partida de 11.100 millóns como ten a Xunta. Sería a quebra de Galicia”, apuntou o portavoz popular, que destacou que o Goberno galego presenta porcentaxe de execución do 95% no último exercicio.

Venta de fume

O portavoz dos populares aproveitou tamén para cargar contra o Goberno Local ao que acusou de presentar un orzamento “irreal” e cargado de anuncios que logo quedan en “fume”. “Resulta grave que as contas cheguen con atraso, que non nos dean tempo suficiente para analizalas e presentar ideas, pero resulta imperdoable que non sirvan para mellorar o desenrolo social e económico o municipio”, criticou Acosta.

Por último, os populares mostráronse dispostos a volver á tender a man ao executivo municipal para levar a cabo o plan estratéxico aprobado hai uns meses e co que, segundo Acosta, pódense poñer en marcha novas infraestruturas e mellores servizos.