O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, criticou hoxe que o Goberno Local leve desde o ano 2010 sen solicitar os obradoiros de emprego que a Xunta pon á disposición dos diferentes municipios galegos.
Con 337 persoas sen emprego no municipio, a loita contra o paro, apuntan os populares, debería ser unha das “prioridades” dun executivo local que, segundo Doval, impide que os veciños de Oroso póidanse beneficiar das iniciativas postas en marcha desde o executivo autonómico.
O obxectivo dos obradoiros é que persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirían un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais son de 9 meses e os de garantía xuvenil de 12 meses.
Os participantes nos obradoiros duais poderían combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.
“Mentres outros concellos da comarca, como Frades, Ordes e Mesía, formará a 20 desempregados, durante nove meses con outros tres de prácticas por valor de 570.000 euros para a posta en valor das áreas recreativas de Abellá, Ledoira, Céltigos e Aiazo, en Oroso temos que sorportar como o executivo local rexeita unha e outra vez esta posibilidade sen dar ningún tipo de explicación”, lamentou o popular.
Neste sentido, Doval aproveitou tamén para facer fincapé en que todos os concellos da provincia que solicitaron participar en estes obradoiros van ter a oportunidade de facelo, tendo en conta que desde a Xunta aprobáronse todas as demandas.
“O Goberno PSOE-BNG tennos a todos aburridos con que a Xunta discrimina a Oroso, cando a realidade e que estamos ante un pasotismo absoluto”, dixo Doval, que calificou de “imperdonable” a “desidia” mostrada polo executivo local.
Por último o popular agradeceu o traballo da Mancomunidade de Ordes, que sí xestionou un obradoiro conxunto dentro do Programa de Garantía Xuvenil para 16 alumnos, 5 deles de Oroso, nas especialidades de albanelería e carpintería por importe de 368.638´66 €, este último impartirase en Oroso.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742