O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso reclamou hoxe a través do seu portavoz, Alexander Doval, que o Goberno Local axilice os traballos necesarios que permitan o arranxo das pistas interiores de Carollo (Cardama) coa maior urxencia posible.
O popular, que cualificou de “tercermundista” a situación na que se atopa na actualidade esta zona, explicou que o estado do asfaltado das pistas interiores e “lamentable” debido aos socabóns que se poden atopar e que fan que as pistas encóntrense desfeitas.
Neste sentido, o portavoz dos populares lembra que hai un proxecto do 2019 para o arranxo destas pistas que dan acceso a meirande parte das vivendas de Carollo. “Saliu a licitación o ano pasado, rematando o periodo de ofertas á licitación a comezos de septembro do 2021 por importe de 58.632 euros, pero a día de hoxe case oito meses despois non se sabe nada do tema”, apuntou Doval.
Os populares aproveitaron para incidir no “deixamento” e o “abandono” ao que o Goberno Local somete ao rural de Oroso, unha situación que o popular tachou de “intolerable” tendo en conta que, na súa opinión, todos os veciños do municipio teñen os mesmo dereitos á hora de gozar dos servizos que debe ofrecerlles o concello.
OBRAS CENTRO CULTURAL
Por último, Doval aproveitou tamén para lembrar que o proxecto para a mellora destas pistas non é o único que se atopa paralizado a día de hoxe no municipio, e puxo sobre a mesa que as obras do Centro Cultural tamén seguen paradas a día de hoxe e pendentes de adxudicar e que suporán un custo para as arcas municipais de máis de 200.000 € respecto ao inicialmente orzamentado.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742