O PP de Moche denuncia que a convocatoria das axudas para educación chega “tarde, mal e arrastro”

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso reclamou hoxe a través do seu portavoz, Alexander Doval, que o Goberno Local rectifique e proceda a asfaltar as pistas por onde se pasou a auga e o saneamento no Campo de Cabanas e aledaños na parroquia de Oroso.

O popular, que cualificou de “chapuza” o remate do perfil das pistas nas que se actuou para achegar a auga e o saneamento, en palabras dos populares, “sempre apoiaremos actuacións para achegar servizos básicos coma estes ao rural” pero “non é normal que a capa de rodadura da estrada estea peor agora do que estaba antes de facer a actuación na que se investiron 72.299 €”.

Neste sentido, o popular eximiu de calquera responsabilidade á empresa responsable da obra tendo en conta que, segundo explicou Doval, o proxecto inicial non contemplaba o levantamento da capa de rodadura, senón que a traída da auga e o saneamento discorrían pola cuneta. “O Goberno Local tiña que incrementar a partida do proxecto para abordar unha modificación de tales características”, apuntou o portavoz.

Por último, recordar que esta obra é un proxecto datado en outubro de 2019 e que inicialmente se licitou por 94.571 € e que contaba cun prazo de execución de 2 meses.

 

 

 

 

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Moeche denunciou hoxe a través da súa portavoz, María Méndez, que a convocatoria municipal de axudas para educación chega “tarde, mal e arrastro”, e culpa ao executivo local do atraso na súa tramitación.

Os populares explicaron que a convocatoria chega tarde porque se produce tres días antes de que comece o terceiro trismestre do curso e, por tanto, as familias recibirán o aboamento dos cartos case ao finalizar as clases. “Falamos dunha axuda que vela por el principio de igualdade do exercicio á educación, e que serve para que as familias poidan facer fronte aos gastos dos estudantes durante o ano escolar”, dixo Méndez, que denunciou que este retraso xa se produciu en anos anteriores.

Ademais de tarde, a popular explicou que a convocatoria chega arrasto e mal porque, despois de negarse e logo de presentar unha enmenda, o documento reflicte as propostas presentadas polo Partido Popular nas que se solicita abrir a pinza para ampliar o número de familias que se poden beneficiar destas axudas.

“Se no ano 2020, manifestábamos en pleno a dilación e o retraso destas axudas e expoñíamos como exemplo nefasto o pagamento do curso escolar 2019/20 no mes de marzo de 2020, no curso 2020/21 aínda foi a peor, e os beneficiarios non recibiron as axudas ata os últimos días do curso escolar. Un feito que se volve a repetir este ano”, dixo Méndez.