O PP de Muxía denuncia o incumprimento do protocolo covid nos colexio de Os Muíños de cara o inicio do curso escolar

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de denunciar o incumprimento, por parte do concello, do protocolo covid de cara ao inicio do curso escolar. O protocolo establece a obrigatoriedade de unha limpeza xeral e desinfección “antes da apertura do colexio, que se producirá o día 1, e que a día de hoxe aínda non se realizou, nin se ten coñecemento de cando se ten previsto realizar”, explica a portavoz que engade que “non pode permitirse que o profesorado este exposto dende o minuto cero por culpa da inacción do goberno municipal”

 

Os populares denuncian que xa o ano pasado houbo problemáticas en canto á limpeza e desinfección do colexio de Os Muíños que, ademáis, se suman á xa habitual deixadez nos traballos de mantemento e limpeza que se suceden dende que Iago Toba lidera o goberno municipal.

 

CERTIFICADO AENOR

 

O colexio de Os Muíños conseguío no ano 2008 o selo de calidade que a empresa AENOR otorga como recoñecemento ás óptimas condicións das que gozan determinadas institucións e que se se está poñendo en risco dende que Iago Toba preside o goberno muxián.

“Existe un porcentaxe de actuación marcados no 80% de actuacións esixidas por parte do colexio que deben cumprirse para poder manter este certificado de calidade e que non se esta cumprindo co actual goberno municipal”, indica Sandra Vilela que engade, “xa non falamos só do prestixio do colexio, que tamén, pero ese baixo porcentaxe de atención nas actuación que o colexio pide, implican deficiencias que están sin subsanar”.

 

 

FALTA DE DIÁLOGO

 

Nesa liña os populares tamén lamentan que o goberno municipal nin tan sequera conteste ós correos e mensaxes remitimos polo colexio e que o concelleiro encargado de asistir ós consellos escolares so teña un “non sei” por resposta cando se lle interpela sobre o porqué de que non se atendan todas estas deficiencias.

 

“Unha vez máis o goberno demostra que é incapaz de resolver ou xestionar Muxía ademáis da súa incapacidade de diálogo neste caso cunha entidade tan importante como é un centro escolar”, remata a portavoz.