O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de comunicar que enviaron un escrito ó goberno municipal solicitando que procedan a facer a limpeza do Camiño dos Faros ao seu paso polo municipio muxián.
“A realidade é que esta ruta convertiuse nunha actividade fundamental para o sector turístico do noso concello e non é lóxico que chegando ao mes de xullo esté no estado que está, prácticamente intransitable en moitos puntos”, comenta a portavoz Sandra Vilela, que engade que “prometéuselle ao sector que a ruta se limparía a principios deste mes segundo nos comentaron algúns hostaleiros e, sen embargo, co mes acabado non existe ningunha actuación para mantelo en condicións”
MANTEMENTO TODO O ANO
Os populares lamentan que este tipo de peticións teñan que ser requeridas polos empresarios xa que consideran que dende o concello xa se deberían de ter presentes á hora de organizar o traballo. De feito recordan que, “o ano pasado anunciouse que se tería a unha persoa solo para o mantemento deste trazado pero, unha vez máis, quedouse en nada”, recorda Vilela que remata, “sería o lóxico xa que esta senda desfrúana os turistas ó longo de todo o ano e non só no verán. É unha pena que haxa persoas que non fagan o tramo de Muxía polo seu estado de abandono”
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742