O Partido Popular de Oroso poñerá en marcha a partir deste luns, 7 de marzo, unha campaña de recollida de alimentos, roupa e produtos de hixiene para axudar ao pobo ucraíno, afectado os ataques iniciados hai días polo exército ruso.
Todas as persoas que queiran participar e achegar nesta iniciativa poderán facer entrega destes aveños na sede local do Partido Popular de Oroso, situada na rúa Lenguelle s/n baixo. O horario será de 11 a 13 horas e de 18h a 20 horas.
O portavoz popular no municipio, Alexander Doval, aproveitou a oportunidade para mostrar a súa solidariedade co pobo ucraíno, á vez que condenou os constantes ataques do exército ruso nun claro golpe contra a autonomía de Ucranía.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742