A O portavoz do Partido Popular no Concello de Oroso, Alex Doval, mostra a súa preocupación pola non convocatoria de subvencións a entidades deportivas e culturais do concello neste ano.
Os populares cualificaron de “grave” que xa ben entrado o mes de novembro esta liña de axudas aínda estea sen convocar, tendo en conta que nos pasados exercicios publicábase no mes de abril, resolvíanse á volta do verán e xustificábanse a finais de ano.
“Moitos dos clubes deportivos e entidades culturais precisan de esta axuda para poder manterse e continuar coas actividades que realizan”, apuntou Doval, que se fai eco do malestar existente entre estas organizacións.
“Esta deixadez é unha nova mostra da incapacidade do equipo de goberno PSOE-BNG de xestionar os trámites ordinarios e recorrentes do concello”, incidiu Doval.
O líder popular aproveitou tamén para louvar a labor realizada por estas entidades a prol do deporte e a cultura no municipio.
E apuntar que o compromiso do Partido Popular de Oroso con estas entidades é plena e incidiu en que a próxima lexislatura comprométense a aumentar a partida orzamentaria destinada a estas organizacións.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede