O Partido Popular de Oroso urxe unha explicación de por que os bombeiros de Santiago non acudiron ao incendio que tivo lugar nun edificio da rúa Rosalía de Castro o pasado venres e que custou a vida a unha muller mentres que o seu fillo continúa hospitalizado.
Ante as informacións que aseguran que se solicitou o servizo por parte do 112, os populares de Oroso consideran que o alcalde debe esixir unha explicación ao Concello de Santiago, xa que desta administración dependen os profesionais que deberían ter acudido a axudar aos bombeiros de Ordes no sinistro.
Segundo asegurou o voceiro popular, Alexander Doval, a negativa do Concello de Santiago de enviar aos bombeiros a Oroso “é un feito inaceptable, inadmisible e que non pode volver suceder”, cuestión pola que esixen unha postura firme do alcalde ante o goberno local de Santiago.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742