O Partido Popular do Concello de Outes mostrou o pasado día dez de febreiro o seu apoio ao Patrón Maior, Santiago Cruz, e a representantes da cofradía no súa defensa da ría fronte ás verteduras que poidan xerarse na mina de San Fins. Os populares quixeron mostrar o seu respaldo ás peticións do sector marisqueiro despois da a autorización de vertedura da auga procedente das galerías da mina que está a provocar unha enorme controversia que culminará o próximo 4 de marzo cunha gran manifestación.
Conscientes de que a ría é un dos motores económicos do municipio e da comarca, os populares defenderon que unha das súas prioridades, como non pode ser doutra maneira, pasa por poñer en marcha todas as medidas que estean ao seu alcance para impulsar a protección e a conservación dos bancos marisqueiros.
Produto deste apoio, o grupo popular quixo avanzar tamén o seu voto favorable á moción que se debaterá no pleno municipal que se celebrará este xoves e na que se reclama a suspensión cautelar das verteduras. “O sector marisqueiro é fundamental tanto para o municipio de Outes como para toda a súa comarca, e por iso co paso dado o que se pretende és que non se cause ningún dano aos recursos marisqueiros”, apuntan desde o PP.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede