O PP de Valdoviño agradece o compromiso da Xunta de Galicia para dotar dunha nova plaza de pedagogo terapéutico ao CPI Atios

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Valdoviño trasladou hoxe a través da súa voceira, Ana Diaz, o seu agradecemento á Xunta de Galicia despois de que o Goberno Autonómico confirmase que dotará, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, dunha nova praza de pedagogo terapéutico ao CPI Atios.

 

Estamos a falar dunha necesidade moi demandada dende fai tempo polos pais e nais dos nenos e nenas do centro e que agora verase solucionada”, apuntou Díaz, quen destacou que esta decisión vén confirmar, unha vez máis, o compromiso que o executivo galego, presidido por Alfonso Rueda, mantén dende con investimento para a mellora e dotar de máis servizos a educación pública de Galicia.

 

Nesta mesma liña, a voceira dos popular no Concello de Valdoviño confirmou que a súa formación seguirá insistindo co fin de conseguir que todos os alumnos do CPI Atios que necesiten utilizar o servizo de comedor poidan facelo sen ningún tipo de restricións.

 

“Sabemos da importancia desta demanda. Somos conscientes de que é un asunto no que debemos avanzar para que ningún estudante quede sen esta posibilidade”, afirmou Díaz, quen subliñou a importancia de lograr este obxectivo tendo en conta que, na súa opinión, resulta “clave” para que as familias poidan ter máis opcións de conciliar a vida laboral e a persoal.