O grupo municipal do Partido Popular de Neda, a través do seu portavoz, Eduardo Pereira, fíxose eco hoxe das queixas dos veciños do rural do municipio respecto ás deficiencias que existen no servizo de recollida de voluminosos.
En concreto, os populares denuncian que a xente que vive nas zonas como Anca, Casadelos, Roxal e Viladonelle teñen que esperar máis de dúas semanas para que o servizo pase a retirar este tipo de lixo, mentres que nas zonas urbanas faio case a diario.
“Os vecios do rural pagan os mesmo impostos que o resto de persoas que viven no Concello e, por tanto, merecen ter os mesmos servizos”, asegurou Pereira, quen subliñou que a súa formación leva meses instando o Goberno Local a que solucione o problema.
Neste sentido, o portavoz dos populares incidiu na necesidade de que o goberno municipal saque adiante un novo contrato que regule as condicións deste servizo. “O documento leva anos caducado e isto deriva en problemas como o que existe na zona rural do municipio”, concluíu Pereira.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742