O PP denuncia o abandono dos edificios municipais

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de denunciar o estado de abandono no que se atopan os edificios municipais.
“Edificios como o de servizos múltiples, o pavillón municipal, a oficina de peregrinos ou o local social dos xubilados sofren goteiras e entradas de auga o que fai, incluso, nalgúns casos, a imposibilidade do seu uso” explica a portavoz municipal en referencia a casos que se produxeron como a anulación de algún evento deportivo e cultural nestes edificios debido a presenza da auga que facía inviable que se levasen a cabo.
“Unha vez máis estamos a falar dunha deixadez por parte do goberno local xa que son plenamente conscientes da situación destes edificios ós cales non se lle fixo ningún tipo de mantemento en 3 anos” continúa a portavoz que reitera “nin sequera se fai a limpeza de teitos e canalóns o que fai que a situación sexa peor do que sería se alomenos se fixera una mínima actuación. Calquera pode ver as plantas no teito do edificio de servizos múltiples ou do pavillón municipal, unha situación que xa denunciamos en outras ocasión pero que non foi escoitada por parte do goberno”

“O problema é máis grave do que parece xa que a apatía ante estes problema fai que cada vez se agrave máis e cando haxa que resolvela será moito máis costosa e difícil de solventar que si se resolvera cando empeza a aparecer a auga” explica Vilela

PROMESAS INCUMPRIDAS

Os populares recordan que ó respecto desta situación o goberno local fixo distintas promesas ó longo da lexislatura.
”Falamos dos anuncios feitos polo goberno local sobre un ambicioso proxecto para o polideportivo municipal que só foi realidade na prensa e que nunca vén a pleno, ou das reiteradas promesas á asociación de pensionistas sobre a reparación do seu local ós que se lle iba dando unha data detrás da outra como data de inicio da obra” remata a portavoz