O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso volveu a denunciar hoxe a través do seu portavoz, Alexander Doval, á incapacidade de xestión por parte do equipo de goberno do PSOE e do BNG encabezado polo alcalde, Luis Rey, como acredita o fatídico aniversario que se cumpriu esta semana de tres anos dende o comezo das obras do Centro Cultural de Sigüeiro, que a día de hoxe seguen paradas, “unha nova mostra de que esta foi unha lexislatura perdida” apuntou o líder popular.
A obra foi licitada por terceira vez o pasado ano, tras dúas licitacións fallidas, “o goberno local empéñase en dicir que non é responsable do retraso da obra, parécenos unha tomadura de pelo” incidiron os populares.
Doval lamenta “que o custe da obra se teñan disparado, estamos a falar que sobre pasa xa os 600.000 €” ademáis da renuncia por parte do Goberno Local por non ser capaces de ejecutala, dunha subvención do AGADER de máis de 65.000 € para unha biblioteca intelixente.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede