O PP denuncia que a auga das casas leva un mes saíndo turbia sen que o Concello de Valdoviño busque solucións

El portavoz del grupo municipal del Partido Popular en el Concello de Valdoviño, Jorge Bouzamayor, denunció hoy que los vecinos del municipio llevan semanas sufriendo las consecuencias de que el agua de sus casas salga turbia sin que el Gobierno Local dé explicaciones y sin que busque una solución al problema.

 

Os populares, que se fixeron eco do malestar que existe entre os habitantes e os propietarios dos diferentes negocios que existen no municipio, cualifican de “intolerable” que o alcalde, Alberto González, continúe sen dar a cara e, o máis importante, dixo Bouzamayor, sen ofrecer unha solución a un problema de tanta importancia como é o da subministración municipal da auga.

 

“De pouco vale dicir que as análises da auga aseguran que é apta para o consumo, a ninguén lle gusta beberse un vaso que está turbio, lavar con auga turbia ou ducharse con auga que ten unha cor a terra que non é normal”, dixo o portavoz popular.

 

Cansado da situación, Bouzamayor urxe ao Goberno Local a que leve a cabo os traballos que sexan necesarios para garantir unha boa subministración de auga en todo o Concello de Valdoviño, toda vez, dixo, que os veciños “pagan relixiosamente” os seus impostos para tener un servizo de garantías. “A xente está a verse obrigada a comprar auga embotellada, a ducharse de mala maneira e os negocios, en pleno verán, ten serias dificultades no seu día a día”, apuntou.

 

Problemas co servicio de recollida de lixo

Por outra banda, desde o grupo municipal do Partido Popular aproveitaron tamén para acusar o executivo local de “seguir cos brazos cruzados” no referente ás deficiencias que existen no servizo de recollida de lixo, unha situación que, tal e como lembrou Bouzamayor, a súa formación xa a levou a pleno hai meses.

 

“Desde entón, o único que recibimos por parte do rexedor son promesas que caeron unha vez en saco roto, mentres os colectores do municipio teñen máis lixo fóra que dentro, o que produce, ademais dunha imaxe lamentable nos meses de verán, unha situación de insalubridade moi evidente”, lamentou.

 

Neste sentido, o portavoz popular, urxiu ao Goberno Local a que saque a licitación un contrato que xa leva tempo prorrogado para, entre outras cousas, póidanse incrementar os medios destinados a este fin. “Estamos fartos de sufrir as consecuencias dun Goberno Local que ten xestión municipal deixada da man de deus”, dixo Bouzamayor, quen concluíu asegurado que o asunto da auga e o da recollida de lixo son só dous exemplos do “pasotismo” do señor González porque o mesmo pasa coas rozas ou o arranxo das estradas.