O PP deseña unha avenida de Vilaboa cun carril único, beirarrúas máis anchas e 70 prazas de aparcamento

O Partido Popular de Cullerdo a través da súa portavoz, Izaskun García, presentou nos últimos días unha proposta para levar a cabo a reforma da avenida de Vilaboa, que dotaría ao viario dun carril único, de beirarrúas máis anchas, ordenaría o tráfico nun só sentido e poñería á disposición do veciños setenta prazas de aparcamento.

 

O deseño elaborado polos populares permitiría tamén trasladar o tráfico pesado á avenida paralela, ademais de elevar os pasos de peóns e, desta maneira, gañar en visibilidade, axilizar o tráfico e dotar de maior seguridade á zona. “Estamos a falar dunha reforma integral, non dun lavado de cara como pretende facer o Goberno local. O que nós presentamos  é unha alternativa moderna, ambiciosa, atractiva e diferente. Con sentido e pensando en darlle un maior e mellor uso a unha zona que non se renovou co paso dos anos e non foi respectada nin se lle sacou o partido que se merece”, dixo García.

 

A portavoz dos populares subliñou que a súa formación se viu obrigada a presentar este novo deseño despois de comprobar as intencións que o executivo municipal ten para reformar a zona. “A proposta que se nos presenta é unha volta ao de sempre”, dixo García, quen criticou que o proxecto do Concello mantén o dobre carril, elimina prazas de aparcamento, non fixa novos pasos de peóns e non amplía as beirarrúas.

 

“Gustaríanos saber onde queda reflectida a prioridade dos veciños si o número de pasos de peóns mantéñense e si o ancho da beirarrúa apenas vese ampliado, ou onde se pensou no pequeno comercio e as súas necesidades”, preguntouse a popular.

 

Neste sentido, e despois de manter varias reunións cos comerciantes e veciños da zona, os populares reclaman que o Goberno local consensúe con estes dous sectores a data para o inicio das obras e, ademais, estableza unha partida específica para que, durante o transcurso da actuación, non vexan reducidos os seus ingresos.

 

Falamos de negocios que xa o están pasando suficientemente mal por culpa da pandemia do Covid como para que teñan que engadir agora unhas obras que fagan que os seus clientes teñan máis dificultades para entrar e acudir aos seus establecementos”, apuntou García, quen fixo fincapé en que o rexedor, José Ramón Rioboo, comprometeuse a sentarse con eles para establecer a folla de ruta deste proxecto.