O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Cambre levará ao próximo pleno unha moción na que esixe ao Goberno local que cumpra as recomendacións ditadas pola Valedora do Pobo.
O portavoz dos populares, Juan María Abalo, explica que o ditame da Valedora do Pobo chega despois de que o seu grupo municipal presentase o 3 de xaneiro do 2020 unha queixa ante a imposibilidade de formular e debater varias mocións, rogos e preguntas. “No escrito púxose de manifesto o entorpecemento que a dita imposibilidade supuña para o desenvolvemento das funcións propias dos representantes dos cidadáns que non forman parte do goberno municipal; atentando desta forma contra un principio básico no funcionamento do sistema democrático que debe ser obxecto de especial respecto e protección, como é o dereito fundamental á participación política”, explicou Abalo
Tras recibir as queixas popular, dixo Abalo, a Valedora do Pobo deixo claro que, en caso de dúbidas sobre a interpretación do dereito de participación nos asuntos públicos, esta interpretación deberá ser sempre en sentido favorable a fin de facilitar o exercicio do este dereito fundamental, impedindo reacciones que teñan un efecto disuasorio o desalentador de dicho exercicio.
Incumprimento do Concello
Ademais, dixo o popular, si o Goberno local persiste no seu incumprimento do recomendado, sen unha xustificación adecuada, a Valedora do Pobo incluirá o asunto no seu informe anual con especial mención dos nomes das autoridades ou funcionarios que persistan naquela actitude.
“O escrito da Valedora é claro e contundente. En Cambre non se respecta un principio democrático fundamental que atende ao dereito que teñen os grupos político de representar aos veciños que exercen o seu voto para que así o fagan”, apuntou Abalo, quen concluíu esixindo o cumprimento dos establecido pola Valedora para que Cambre non sexa un exemplo de “Goberno que dá as costas a liberdade”.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742