O PP esixe celeridade ao Goberno Local para a construción das aceras que deben unir a Baxoia con Bouzalonga en Deixebre

O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, esixe ao goberno bipartito do PSOE e do BNG que acelere a posta en marcha das obras para a construción das beirarrúas que deben unir a Baxoia con Bouzalonga na parroquia de Deixebre.

 

Os populares lembran que xa solicitaron no pleno municipal en numerosas ocasións a aprobación e o inicio dunha actuación que, tal e como dixo Doval, foi incluída nas obras que deberían ser financiadas polo Plan de Obras e Servizo (POS) do 2019 que pon en marcha a Deputación de A Coruña.

 

“Falamos dun proxecto que o PSOE prometeu fai dez anos e que, a día de hoxe, non foi nin anunciado aínda na plataforma de contratos do Concello de Oroso, paso previo para poder licitala”, lamentou o popular.

 

Cun orzamento inicial de 178.070 euros, Doval subliñou que a construción destas beirarrúas é unha demanda dos veciños da zona que, mentres tanto, ven obrigados a transitar por un tramo que supón un risco para a súa seguridade viaria.

 

Para o popular, esta é unha proba máis do ‘modus operandi’ que manexa o executivo local. Un ‘modus operandi’, apuntou Doval, que pasa por prometer, anunciar, “e moitas fotos, sobre todo moitas fotos”.

 

Sinais

Igualmente o líder popular recalcou que o PP solicitou ao executivo local en varias ocasións que repuxera as sinais informativas do nome do núcleo tanto á entrada de Bouzanlonga no lado que ven dende A Baxoia como no que ven de Beán (Ordes).