O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Bergondo, Manuel Fafián acompañado polo deputado autonómico, Adrián Pardo acudiron as obras que se están iniciando na N-VI ao seu paso por Guísamo.
Unhas obras que califican como necesarias, pero na que alertaron do excesivo prazo para a súa execución “de case tres anos” cando outras obras similares e cunhas condicións técnicas e maior densidade do tráfico teñen un prazo de execución moi inferior a da rotonda de Guísamo.
Para o portavoz popular en Bergondo “estamos a falar dunha obra que permitirá mellorar a fluidez do tráfico pero cuns prazos de execución incomprensibles, que se prolongarán no tempo case tres anos” alertando do quebradoiro de cabeza que suporá que esta obra dure tanto tempo.
Para o deputado autonómico, Adrián Pardo “levamos esta iniciativa ao Parlamento galego para exixir celeridade na execución da obra” para poder garantir canto antes a seguridade viaria nun cruce conflictivo e vital para a fluidez de tráfico de toda a comarca.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742