O PP insta o Goberno Central a que acelere o proceso de instalación de fibra óptica no Concello de Oroso

O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, levará ao pleno que se celebrará esta semana unha moción na que insta o Goberno central a que acelere o proceso de instalación de fibra óptica, co obxectivo de mellorar a súa implantación no municipio.

Os populares levan a cabo esta demanda nun momento no que Internet está cada vez está máis presente nas vidas dos cidadáns. “As empresas precisan unha boa conexión a internet e cobertura telefónica para levar a diante o seu negocio e ser máis competitivas neste mercado global no que nos movemos. Pero non solo as empresas, as familias cada vez máis tiran de internet para traballar, estudar e para entreterse”, explicou Doval.

Ademais de todo isto, o portavoz dos populares engadiu que a crise pandémica que estamos pasando deixou en evidencia a falta de compromiso coa cobertura de banda ancha e a cobertura telefónica sobre todo nos territorios menos poboados. “A competencia neste sentido é única e exclusiva do Goberno Central, é unha das poucas que non se transferiron as Comunidades Autónomas e, por conseguinte, é o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital o departamento que dispón dos fondos correspondentes, moitos deles procedentes da Unión Europea”, recordou Doval, quen subliñou que, no caso do Concello de Oroso foron moitos, tanto familias como empresas, as que tiveron problemas de conexión a internet por falta de velocidade ou problemas de conexión.

Ante esta situación, e tendo en conta a demanda e as necesidades dos veciños dos municipios, os populares consideran “urxente” a implicación do executivo local á hora de demandar ao Goberno Central que acelere o proceso de instalación de banda larga co fin de terminar coas “desigualdades” que a súa falta provoca entre uns concellos e outros.

Outros asuntos
Por outra banda, dende o Partido Popular de Oroso aproveitarán o pleno para reclamar ao Goberno Local que proceda a condonar o primeiro recibo de 2021 do lixo á hostalaría de Oroso, que poña fin aos problemas de suministro da auga da traída de Renfe nos núcleo de Fafián e a estación de Trasmonte, e que realice un plan para o reasfaltado das pistas do núcleo do Carollo en Cardama.

Por último, Doval tamén puxo sobre a mesa o estado “lamentable” no que se encontra o aparcamento da Avenida Compostela no marxe dereito -dende o Bar Sigüeiro ata o Porqué Non-, e reclamou a limpeza a fondo da rúa do Carboeiro e do cauce do río, así como que se volva a poñer en marcha o protocolo de desinfección de rúas, entradas de comercio do municipio.