O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, lamenta que PSOE e BNG abstéñanse na moción presentada polos populares en Pleno Extraordinario para tratar de mellorar a seguirdad no municipio.
Os populares, que levan meses preocupados por este tema, reiteran que a seguridade é un dereito fundamental de todos os cidadáns. Neste sentido, Doval recorda que, dende fai varios meses, Oroso, e sobre todo o núcleo urbán de Sigüeiro, está a vivir episodios, máis ou menos frecuentes, que poñen en tela de xuízo esa tan ansiada seguridade.
“Trátase dunha moción laxa que non vai en contra de ninguén e si a favor de todos os veciños”, dixo Doval, quen asegurou que chama a atención que nin BNG nin PSOE respalden este documento e opten pola abstención coa excusa de que «xa se están facendo cousas».
Neste sentido, o portavoz popular incidiu en que unha vez máis estas dúas formacións intentan convertir nun enfrontamento politico, un tema que debería estar moi por riba de todo isto. “Expoñer datos e máis datos non deixa de ser unha forma de negar a evidencia, dende o PP falamos de casos concretos e palpables que todos coñecemos”, dixo Doval.
Nas últimas semanas, recorda o popular, producíronse varios roubos en garaxes colectivos e vivendas do municipio, uns feitos, dixo, que se unen aos xa acontecidos en meses anteriores como roubos en negocios (banco e farmacia) e unha serie agresións a menores etc.
“Oroso ten un déficit claro e evidente en materia de seguridade, unha plantilla de Policía Local escasa -con solo dous membros e desbordados de traballo-, e un cuartel da Guardia Civil mermado e que comparte gardas de vixilancia con concellos bastante afastados do noso”, denunciou Doval.
Ante esta situación, dende o Partido Popular consideran “urxente” que o Goberno de España, e concretamente o Ministerio de Interior, reforce a plantilla da Guardia Civil do municipio e da comarca, ademais de que, na medida do posible, a Xunta de Galicia acelere o procedemento para a selección dun novo Policía Local, e que o executivo local cree a Xunta Local de Seguridade como fórmula para coordina todos os corpos e forzas de seguridade do Estado con competencias no municipio.
A moción foi aprobada con votos favorables (6) de Partido Popular e Oroso Renovable e coa abstención (7) de PSOE e BNG.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742