O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Narón a través do seu portavoz, Germán Castrillón, subliñou hoxe que é o executivo local o que ten a obriga – tal e como recolle o convenio asinado coa Consellería de Saúde- de dotar de prazas de aparcamento ao novo centro de saúde construído pola Xunta de Galicia no municipio naronés.
Tres meses despois de que se inaugurase o novo proxecto, os veciños de Narón, explicou o portavoz popular, seguen sen dispor dun lugar adecuado para estacionar os seus vehículos. “Nestes momentos, que se está recuperando a atención médica presencial, atopámonos que os pacientes dispoñen de aparcamentos limitados e teñen que aparcar encima das beirarrúas ou nunha zona de terra, que coas primeiras choivas se embarra e ponse intransitable”, dixo o popular.
Neste sentido, Castrillón, que responsabilizou ao goberno de TEGA-PSOE da situación actual pola falta de previsión, á hora de proxectar a construción de 138 prazas de aparcamento, explicou tamén que o vial que dá acceso ao centro de saúde ten unha capacidade moi limitada para o tráfico de vehículos que se xera alí, en especial durante as primeiras horas da mañá, e a rotonda que está xusto ao final do edificio non permite o xiro aos vehículos sen realzar unha manobra, una situación, dixo, aínda máis complicada se falamos de ambulancias ou outro tipo de vehículos de servizos.
“Non hai escusas que valgan, o Goberno Local ten a obrigación de dotar ao centro de saúde desta infraestrutura, e ten a obrigación de facelo canto antes”, dado que desde que firmaron o convenio para a construción do novo centro de saúde eran coñecedores da necesidade do aparcamento, dixo Castrillón, quen insistiu en que, mentres a Xunta comple cos veciños, o seu executivo municipal “maltrata” constantemente a xente do Concello coa falta de servizo esenciais.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede