O PP levará ao Pleno unha proposta de dinamización do comercio local ante a complicada situación que vive o sector

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso anunciou hoxe a través do seu portavoz, Alexander Doval, que levará unha proposta concreta ao Pleno da próxima semana para a dinamización do comercio local ante a complicada situación que viven moitos deles.

“Moitos comercios de Sigüeiro están vivindo unha situación agónica, e non o digo eu, senón que así nolo trasladaron en múltiples ocasións”, afirmou Doval, quen asegurou que nestes momentos “é preciso un plan do comercio local con axudas directas que incentiven o consumo” incidindo que a implicación do Goberno Local “é practicamente nula”.

“Sigüeiro ten menos vida hoxe que fai cinco ou dez anos”, subliñou o popular, á vez que apuntou que “un pobo sen comercio é un pobo sen vida”.