O PP logra o compromiso da Xunta para axilizar a tramitación da PXOM e urxe ao Goberno de Culleredo a presentalo

A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Culleredo, Izaskun García, urxiu hoxe ao Goberno Local a que poña en marcha, dunha vez por todas, os trámites que permitan a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Os populares volveron insistir na importancia de que o municipio conte con este documento “clave” para o futuro do Concello despois de manter a semana pasada unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na que lograron o compromiso da Xunta de Galicia para tramitar a PXOM en canto o Goberno Local realice as modificacións necesarias coas que adaptar de maneira definitiva un documento que está aprobado na súa fase inicial.

“Culleredo e os seus veciños levan tempo perdendo oportunidades, quedándose sen investimentos e vendo como moitas empresas non se instalan no municipio pola falta da PXOM”, afirmou García, quen agradeceu o “firme compromiso” mostrado polo executivo autonómico para axilizar a aprobación deste documento.

Por outra banda, a portavoz popular aproveitou a ocasión para deixar claro que a súa formación se opón de maneira “rotunda” á posibilidade que baralla o Goberno Local de empezar de cero a redacción do plan. “Iso sería postergar a Culleredo a un atraso inxustificado. “Ademais que pasaría co traballo realizado polo equipo redactor, canto diñeiro perderiamos de todo ese traballo xa feito, que pasaría con todos os convenios urbanísticos que se vincularon á aprobación deste plan, canto diñeiro custaríalle ao Concello en indemnizacións”, pregúntanse desde o Partido Popular.

Ante esta situación, García incidiu na necesidade de que o Goberno Local, encabezado polo señor Rioboo, póñase ao choio, “faga os seus deberes” e se deixe, dixo, de buscar “escusas de mal pagador” para xustificar que un municipio como Culleredo estea a día de hoxe sen un documento de tanta importancia para o desenvolvemento urbanístico, social e económico.

“Si outros municipios limítrofes están a aproveitarse das posibilidades que outorga ter este plan en marcha, non imos permitir que os nosos veciños perdan oportunidades polo a desastrosa xestión dun alcalde que hai tempo que vive de brazos cruzados”, concluíu García.