O PP mostra a súa preocupación pola paralización das obras da senda peonil de Oroso Pequeno ao Carboeiro

O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, presentou hoxe no Rexistro Municipal un escrito preguntando pola paralización das obras da senda peonil que unirá o núcleo de Oroso Pequeño co Parque Carboeiro, no centro de Sigüeiro.

“A obra leva practicamente dous meses parada e non tivemos noticia do motivo da paralización da mesma”, apuntou o líder popular, quen subliñou que este proxecto é de “vital transcendencia” porque por aí transcorre o Camiño Inglés, unha parte moi importante da senda é polo Polígono Industrial de Oroso

Centro Cultural Fernando Casas e Novoa
Por outra banda, os populares apuntaron que a paralización da senda peonil non é un fito illado no Concello de Oroso, toda vez que, segundo explicou Doval, o Centro Cultural de Sigüeiro leva máis de dous anos sen que se rematen as obras, un feito, dixo, que supón un “serio trastorno”, á espera de que salga a licitación para rematalo.

“Todos lembramos as palabras do anterior alcalde nos medios de comunicación alá por setembro do 2019 dicindo que as obras avanzaban a bo ritmo e que a finais dese ano o proxecto estaría finalizado”, subliñou Doval,

Cun orzamento de 519.653 euros, o certo, indicou o popular, é que unha serie de erros na redacción do proxecto e problemas coa empresa adxudicataria provocan que a obra siga paralizada máis dun ano despois.