O PP mostra a súa preocupación polo estado de abandono no que se encontra o do campo de fútbol de Deixebre

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso mostrou hoxe a través do seu portavoz, Alex Doval, a súa “preocupación” polo estado de abandono no que se atopan as instalacións do campo de fútbol de Deixebre.

 

Os populares lembran que, en xuño do ano pasado, o grupo do goberno conformado polo PSOE e o BNG enviou un requirimento á Sociedade Deportiva Deixebre no que instaban ao club a recoller todas as pertenzas que tiñan na instalación.

 

“Nun principio, todos pensabamos que era para comezar as obras, pero, un ano despois, seguimos esperando a que o Concello inicie algunha actuación no recinto”, apuntou Doval, quen incidiu en que, desde entón, o equipo tivo que adestrar e xogar noutras instalacións.

 

Ante esta situación, o portavoz dos populares esixe ao executivo local que poña en marcha “con urxencia” unha actuación que evite un maior deterioro da instalación. “O que non imos permitir é que ocorra o mesmo que pasou cos campos de fútbol de Os Ánxeles ou Senra que xa non se sabe nin que existen”, afirmou Doval, quen subliñou que, neste momento, “os vestiarios e os accesos están en un estado de abandono, e xa non falemos do campo, parece máis para o gando que para o xogo”.