O PP pide a apertura do Centro da Terceira Idade de Oroso, pechado desde fai máis dun ano por culpa da pandemia

O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, trasladará ao pleno municipal ordinario que se celebrará esta semana a súa petición para que o executivo local proceda á apertura do Centro da Terceira Idade do municipio, pechado desde fai máis dun ano por culpa da pandemia da Covid-19.

Os populares recordan que o municipio conta dende fai anos cun local para os maiores, sito na rúa do Campo en Sigüeiro, no que poden reunirse, facer actividades ou simplemente pasar a tarde. “É certo que o centro leva pechado dende marzo, pero tamén é certo que a maior parte dos usuarios nestes momentos xa se encontran vacinados”, explicou Doval, que reclamou que o Goberno local busque outro emprazamento máis axeitado para os usuarios onde se poidan cumprir todas medidas COVID impostas polas autoridades sanitarias.

“Estamos a falar dun local moi pechado e dificilmente ventilable, pero iso non pode ser motivo para que o Concello non encontre outro sitio onde a xente maior poida recuperar certa normalidade”, apuntou o portavoz popular.

Mellorar a conectividade
Por por outra banda, os populares aproveitarán o pleno tamén para presentar unha moción na que esixen ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital mellorar a conectividade no municipio, debido, dixo Doval a nulo ou insuficiente servicio que existe nos núcleos de poboación do Concello de Oroso.

“É necesario que o Goberno central aposte polo despregamento de banda larga nas zonas brancas das entidades de poboación menos poboadas, así como nas zonas que non están catalogadas como ‘zonas brancas’ na listaxe elaborada polo dito Ministerio pero que o son de facto”, indicou o popular, que subliñou a urxencia que existe para dotar de cobertura ás zonas que non dispoñen nin tan sequera de servizos básicos de telefonía móbil, como áreas de maior risco de fenda dixital, e teña en conta as achegas dos concellos como institucións máis próximas á realidade e mellor coñecedoras das necesidades do seu territorio.

Ademais, os populares instan na súa moción ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para que, no marco das súas competencias, proceda, á maior brevidade, ao despregamento de redes de banda ancha e telefonía móbil nos núcleos de poboación do Concello de Oroso para asegurar así unha correcta provisión das necesidades de comunicación propias, eliminar a fenda dixital e as barreiras e desigualdades que xorden entre a poboación dependendo do seu lugar de residencia.

Marquesina e fonte
Por último, os populares reclamarán ao Goberno municipal o arranxo do perímetro da fonte sita na Penateixa (A Gándara), en pleno paseo da Avenida Grabanxa, que ademais de filtracións constantes ao paseo, fáltanlle lousas, e a instalación dunha marquesina para esperar o autobús no lugar de Senra, concretamente no cruce da Taberna, para que os usuarios do servizo poidan esperar o autobús ao abrigo.