O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de solicitarlle ó alcalde unha xuntanza dos portavoces municipais para buscar solución sobre o problema que xurde na execución da obra da estrada a Faro Touriñán.
“É lamentable que aínda sen acabar de ser executada a obra, esta xa teña baches no seu inicio e as cunetas xa se esten a desfacer” comenta a portavoz municipal que explica que “xa cando vimos como se comenzaba a obra nos dimos conta de que esa non era unha obra de futuro como esperábamos, pero resulta que non dura nin o tempo de execución”.
Dende os populares consideran que se debe tomar medidas ó respecto e esixirlle á autoridade portuaria que faga unha execución correcta da obra “porque se non é así seguimos tendo o problema que xa tiñamos que é un vial en malas condicións. Ademáis, un vial fundamental para o concello dende o punto de vista turísitico e, por suposto, tamén polo número de poboación local que fai uso de ela a diario”
Pero ademáis, recordan os populares que, debido ó convenio firmado coa autoridade portuaria, a titularidade deste firme pasaría a ser municipal e, por ende, o seu mantemento, unha vez rematada a obra polo que “non podemos porlle esa hipoteca enriba ó noso concello e recibir unha carretera que xa tería que repararse dentro dun ano.” E recordalle ó alcalde que “está aquí para defender os intereses municipais e veciñais e, aínda que a execución sexa responsabilidade da autoridad portuaria, non está a defender a Muxía” sentenciou a popular que espera que a xuntanza solicitada se celebre o antes posible.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede