O PP pide ao Goberno de Carballo que sume para que o Centro Integral de Saúde chegue canto antes

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Carballo reclamou hoxe, a través do seu concelleiro, Rubén Lorenzo,  que o Goberno Municipal fago todo o que estea na súa man para que o municipio conte canto antes co centro de saúde intregral.

 

Dende o PP de Carballo valoran moi positivamente os avances e o consenso logrado tras a reunión mantida onte por representantes do executivo local e o conselleiro de Saúde, Julio García Comesaña, e na que se analizaron as fórmulas urbanísticas necesarias para a chegada do Cis á capital de Bergantiños.

 

Conscientes de que a instalación do CIS pasa pola ampliación do actual centro de saúde carbllés, os populares reclaman a colaboración do Concello para poder ampliar a superficie do centro, pasando dos 3.800 metros cadrados da actualidade, aos 5.600 necesarios para dotar de novos servicios sanitarios e personal para avanzar la atención primaria á veciñanza.

 

A Xunta segue a súa folla de roteiro e non pretende a construción dun novo centro de saúde, senón ampliar o actual”, explicou o popular, que calificó de “incomprensible” a actitude do alcalde e o seu grupo de goberno, aos que acusou de votar en contra da moción do PP e, posteriormente, reclamar a construción dun segundo centro de saúde a 800 metros do actual, medida que, según o concelleiro popular, resulta “inoperativa e incómoda” para os usuarios.

 

“O que non debe facer un Goberno Local é propor ideas, dar bandazos e poñer en marcha unha recollida de firmas e confundir á xente”, dixo Lorenzo, quen lle pediu ao executivo municipal que “abandone a confrontación coa Xunta de Galicia, que deixe de faltar á verdade utilizando os medios oficiais do Concello, e non confunda dicindo que o Executuvo Autonómico prentende facer uns novo edificios pegado ao centro de saúde xa existente”.

 

Por último, o concelleiro dos populares insistiu en que só a suma de vontades e a lealdade institucional axilizarán un proceso que permiturá dar un salto de calidade na atención sanitaria da nosa vila e por extensión da nosa Comarca de Bergantiños.