O PP reclama a colocación de elementos disuasorios para controlar a velocidade na contorna da praia de Razo

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Carballo, a través da súa portavoz, Paula Nogueira, levará ao próximo pleno municipal unha moción na que demanda a colocación de elementos disuarios para controlar a velocidade dos vehículos que circulan polas estradas municipais e provinciais na contorna da praia de Razo.

 

Os populares recordan que o areal de Razo é un dos sitios mais concurridos no verán, ademáis de ser un dos estandartes do turismo non só do Concello, senón de toda a comarca. “Estamos a falar dun lugar emblemático da comarca que  é preciso dotar de medios e realizar investimentos que acompañen este crecemento, e que vaian encamiñados á protección das persoas para convertir a zona nun lugar seguro tanto para á veciñanza da parroquia como para os visitantes”, dixo Nogueira.

 

Neste sentido, a popular, que  reclamou modificar a velocidade de circulación no acceso e no entorno do areal tanto nos viales municipales como nos de competencia Diputación, fixo referencia ás queixas dos veciños en canto a utilización da explanada como “unha pista de ralli” onde os coches e motos campan as súas anchas co risco que esto conleva para os viandantes.

 

 

 

En canto a velocidade da vía, Nogueira explicou que por un lado, existe unha señal vertical de 50km/h na baixada que da entrada a Razo, e por outro, unha sinal de 30km/h no inicio da curva do Paseo Arenal que, na actualidade, dixo, atópase no medio da maleza o que fai moi complicada a súa visibilidade.

 

A popular aproveitou tambén para referise aos pasos elevados dos que dixo que “é certo que hai un na entrada (visible, ben identificado e renovada pintura), e un par deles mais adiante (sin identificar nin vertical nin horizontalmente, antiguos), pero ningún o largo da zona da explanada nin no sentido contrario do Paseo Arenal”.

 

Por último, Nogueira defendeu que, tendo en conta os numerosos incidentes rexistrados na zona,  todo fai pensar que as medidas de control e de seguridade non son suficientes, polo que, na súa opinión, é preciso reorientar ou reforzar, xa sexa con novas medidas ou con novos elementos disuasorios de velocidade, estes viales de acceso para frear este tipo de comportamentos.