O Partido Popular no Concello de Oroso agradeceu hoxe a través do seu portavoz, Alexander Doval, a solidariedade mostrada polos habitantes do municipio que participaron na campaña de recollida de material para Ucraína.
Os populares destacaron o compromiso dos veciños de Oroso nunha iniciativa altruísta na que colaboraron persoas de toda índole tanto con donacións coma participando coma voluntarios na recollida e clasificación do material.
Doval informou que parte do recadado xa está en Ucraína a través da Asociación Galega de Amigos de Ucraína, que fixo xa unha primeira recollida de aproximadamente a metade do material a pasada semana. O restante será enviado hoxe mesmo.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742