O grupo do Partido Popular no Concello de Carballo, a través do seu deputado autonómico, Rubén Lorenzo, resaltou hoxe o “firme compromiso” que a Xunta de Galicia mantén con todos os carballeses, despois de comprobar que as contas autonómicas destinan para os 2021 máis de 2 millóns de euros de investimento directo para o municipio.
“Nun momento complicado como o que estamos a pasar, a Xunta de Galicia non podía deixar de lado ao noso municipio”, apuntou o popular, quen cualificou de “bochornoso” o intento que algunhas forzas políticas –en referencia ao BNG- están a realizar para confundir aos carballeses. “Non imos tolerar que se engane á xente. Os orzamentos autonómicos están ao disposición de todo o mundo, e neles pódese comprobar que só en investimento directo superamos os dous millóns de euros”, dixo Lorenzo.
Neste sentido, o deputado autonómico puxo sobre a mesa os máis de 500.000 euros que destinará a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a adquisición de equipamentos para educación infantil e primaria, o financiamento do banco de libros, do transporte escolar ou o comedor, sen esquecer a partida extra para afrontar os gastos provocados pola pandemia do Covid-19.
Lorenzo aproveitou para resaltar tamén os máis de 400.000 euros que a Xunta de Galicia investirá na mellora da residencia da Terceira Idade. “Dá a sensación de que a algúns hai que regalarlles unha calculadora para que sumen ben porque, pola contra, non se entenden as contas que están a facer”, indicou.
Bonificación da AG-55-Autovía-Dependencia
Á marxe destas partidas, o popular insistiu en que o orzamento do executivo autonómico tamén hai que incluír a partida destinada a bonificar a peaxe da AG-55, os 6 millóns de euros que se destinarán a continuar coa Autovía da Costa da Morte, a partida de 250.000 para realizar a circunvalación e os fondos que cada concello ten para financiar a Dependencia.“Á marxe dos investimentos directos que hai recollidas nas contas da Xunta, non podemos esquecer de todos os investimentos e partidas indirectas que os concello reciben para facer fronte a moitas das súas políticas”, explicou Lorenzo, quen puxo como exemplo, as últimas axudas aprobadas polo executivo autonómico para paliar as perdas ocasionadas, por exemplo, na hostalería carballesa.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede