O PP tacha o orzamento de “continuista, conservador e incapaz” de dar resposta aos problemas dos veciños

O grupo do Partido Popular no Concello de Narón criticou hoxe a través do seu portavoz, Germán Castrillón, que o orzamento presentado polo goberno municipal para o ano 2022 sexa “continuista, conservador e incapaz” de dar respostas aos problemas do veciños. “Estamos ante un documento  absolutamente ficticio e irreal, ademais dun fiel reflexo da nula capacidade que ten a coalición de esquerdas para a xestión pública” apunta o portavoz.

 

Para Castrillón, as contas presentadas deixan unha situación de desazón en moitos veciños do municipio que, dixo ven incumprida unha vez máis a posibilidade de contar cun documento que supoña un cambio no futuro do concello. “Son moitos os que consideran que a política levada a cabo por este Goberno contribúe a que nos atopemos nunha cidade triste, desconectada entre si e sen proxectos de futuro”, dixo o popular, que asegurou que o orzamento é  “unha inxustiza, pois non se aposta nin por Narón nin pola xente que vive no municipio”.

 

O popular aproveitou tamén para incidir no apartado das subvencións no que, dixo Castrillón, a pesar de aprobar un Plan Estratéxico 2021-2023, non recolle o montante que debería ir destinado a financiar diversos presmios. “Sabemos da incapacidade que leste este Goberno Local á hora de executar o orzamento e o que iso comporta en canto ao incremento dos gastos financeiros”, dixo.

 

Sen embargo, dixo o popular, o orzamentos amplía as subvencións nominativas un 6,90%, o que suxire, alertou, a posibilidade de conceder axudas “a dedo”.  “Este incremento debería destinarse ao ámbito social e a implatar medidas de emerxencia social que atendan á sustentabilidade e a impulsar un plan de emprego”, dixo Castrillón, quen subliñou que as contas non teñen presente as consecuencias xeradas a nivel social e económico pola pandemia da Covid-19.

 

Baixada de impostos

Por outra banda, o portavoz popular reclama tamén unha baixada dos tipos impositivos ao mínimo legal e que, mentres dure a pandemia, non se liquiden as taxas a aqueles comerciantes afectados.

 

En referencia ó emprego, o PP de Narón apuntou que o Goberno Local debe aumentar os investimentos nos barrios e crear un auténtico plan de emprego municipal. “O paro incrementouse notablemente e a xente afectada merece que se traballe na creación de medidas”, indicou Castrillón, que urxiu a alcaldesa a que desenvolva unha planificación “ordenada e definida” dos obxectivos de promoción turística.

 

É necesarios minorar todos aqueles gastos que se poidan realizar de forma directa dende os servizos públicos” suxire Castrillón, quen  volveu a incidir na importacia de coidar a conservación do patrimonio, incrementar a colaboración cos clubs e asociacións deportivas do municipio, e apoiar no referente á mocidade e novas iniciativas.