O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, vén de comunicar a súa preocupación porque no mes de marzo aínda non existan orzamentos municipais para o ano 2022.
Recordan os populares que o lóxico sería que os orzamentos estivesen aprobados antes de finalizar o ano 2021 polo que urxen ao alcalde a redactalos á maior brevidade.
Para elo, o PP de Muxía anima ao alcalde Iago Toba a negociar ditos orzamentos e tenden a man para que estes saian adiante.
“Como sempre, tendemos a man ao goberno para sacar adiante algo tan trascendente como son os orzamentos municipais. Esperamos, eso sí, que se produza un diálogo previo para que poidamos chegar a un acordo antes do pleno municipal e que o alcalde non leve a Muxía, de novo, ao conflicto”
PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE PERSOAL
Así mesmo, a portavoz municipal insta ao alcalde a incluír nestes orzamentos a proposta de estabilización aprobada en xuño de 2020.
“No ano 2020 aprobouse en pleno, co apoio do PP, un plan de estabilización de persoal que cambia as condicións de 7 operarios de servizos múltiples, o animador e o monitor deportivo e os postos de varias operarias de limpeza. Dende o 2020 están esperando a que ese acordo se cumpra e pasar a ter un contrato a xornada completa. Entendemos que esta proposta debe de ser incluida este ano nos presupostos sen demorar máis o cambio de situación destes empregados xa que, cada mes que pasa, é un prexuizo para eles e tamén para Muxía.
As necesidades municipais son moitas e estes empregados poderían estar máis horas adicados a atendelas se o alcalde cumprise con ese acordo municipal” explica a portavoz
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede