O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Culleredo esixiu hoxe ao Goberno Local a través do súa portavoz, Izaskun García, que medie para terminar cos problemas de conexión a Internet que sofren desde fia meses os veciños que viven nas parroquias do rural do municipio –Sueiro, Orro, Castelao e Tarrio-
A portavoz popular, que reuniuse nas últimas semanas cos veciños afectados por este problema, lembra que a súa formación xa presentou no mes de xuño unha moción na que instaba o Goberno Central e á Xunta a que axilizasen todos os trámites necesarios para dotar de fibra a todos os puntos do Concello de Culleredo.
“A Xunta xa cumpriu coas súas obrigacións e as zonas que depende da administración autonómica xa dispoñen de fibra”, explicou García, quen en decembro mantivo un encontro con ANTEGA e coa xefa territorial da Xunta de Galicia para que axilizasen este proceso.
Agora, apuntou García, tócalle a quenda ao Goberno Central para o que, pediu, que o rexedor, José Ramón Rioboo, “móllese dunha vez por todas ante o seu partido. O que non podemos permitir é que, nos tempos que corren, teñamos veciños que pagan os seus impostos igual que outros e non contan cos mesmos servizos”, denunciou a popular.
Neste sentido, a portavoz do PP no Concello de Culleredo instou o señor Rioboo a que “chame ás portas que teña que chamar e póñase a traballar polo seu Concello”, apartando, explicou, os seus intereses persoais dentro do seu partido que, dixo, están a provocar que “teña abandonada a xestión municipal en favor de facer campaña con González Formoso”.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede