OS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS, CON DEFICIENCIAS E INCONGRUENCIAS, QUEDAN “PARADOS” ENRIBA DA MESA

Despois de tres meses de parálise municipal, en canto a sesión plenarias se refire, toda a
corporación retomaba as xuntanzas que tanto se precisan para poder sacar adiante as
medidas que rixen a vida de un municipio.

O punto máis relevante e con peso, foi, sen dúbida, o PROXECTO DE ORZAMENTO PARA O
EXERCICIO 2020, onde quedou patente a incompetencia do grupo de goberno que traen á
sesión plenaria uns orzamentos nos que a cantidade de erros era notoria e preocupante.

O grupo municipal do Partido Popular detectou e puido explicar, alto e claro, os numerosos
desaxustes e incongruencias, tales como a rebaixa de salarios de persoal municipal respecto ó
ano pasado sen causa nen motivo para tal efecto; A RPT (relación de postos de traballo)
incompleta ; Ou desfases no apartado de eficiencia enerxética con contías erradas. Todo isto
de uns orzamentos de máis de 5 millóns de euros. Todo isto sen que o alcalde socialista
soubera ou fora quen de dar unha explicación ó respecto, chegando ó punto en que o propio
grupo de goberno socialista votara a favor de “deixalos enriba da mesa”, como solicitou o
grupo municipal do Partido Popular para así poder subsanar ditos erros que tanto nos
preocupaban. Sen dedicación, sen asesores e en minoría, vese que seis ollos dos nosos
concelleiros/as ven máis que sete dos que din que gobernan. Dende logo non podemos
permitir que uns orzamentos municipais carezan de seriedade e valía xa que a función do
goberno municipal do PSOE de Negreira é velar polo correcto funcionamento dos estamentos
que os competen, o que demostra que, practicamente, nin os revisaron

Descubrimos no punto 6 do mesmo (derogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola
ocupación de terreos de uso público) que despois de 2 anos nos que dita ordenanza estaba
aprobada non se estaba a cobrar nin un céntimo da mesma polo que o mandatario municipal
recoñeciu, ante a corporación, que non se cobrou nunca por unha “vontade política” e así, o
noso grupo municipal aproveitou para intentar entender o por qué fai un agravio comparativo
co resto dos negocios da pobo ós que non se lles aplica ningunha rebaixa fiscal. Todo isto cas
propostas que o noso grupo municipal presenta neste senso.

Na mesma liña, na ratificación do POS+ adicional 1/2020 adicado a gastos sociais derivados do
COVID-19 con un importe de 50.391,88 € e con 9 posibles liñas de actuación en materia de
servizos sociais posibles, deixamos de manifesto que adicar dita cantidade íntegramente á
compra de EPIS, é sen dúbida pouca vontade de velar polos intereses da veciñanza.

Asimesmo na ratificación do POS+ adicional 2/2020 e a pesar de que a Diputación da Coruña
recomenda, nunha circular que se adxuntou ós concellos explícitamente “opción recomendada
porque simplifica a súa tramitación, aínda que tamén se pode solicitar outros novos

investimentos financieiramente sostibles” este goberno adica o seu importe íntegro, 188.969,55€ a gasto corrente.

Un pleno extraordinario que resume o que é a pouca capcidade de previsión de aqueles que conforman o goberno socialista de Negreira.

Un pleno que aborda cuestións tan importantes e que, polo menos, deberían de ser revisadas. Non é tanto pedir.