Pomar Tojo, Carmen María

Santiago de Compostela – 1970

Grupo Parlamentario Popular de Galicia. A Coruña

Biografía:

É licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago, premio extraordinario fin de carreira e premio extraordinario de traballo de licenciatura. Doutora en Psicoloxía no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.

Foi bolseira posdoutoral da Fundación Caixa Galicia no 2000, cunha estadía na Universidade de Virxinia (Estados Unidos).

Profesora na Universidade da Rioxa durante dous anos e, desde o ano 2003, profesora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago, exercendo a súa docencia nas Facultades de Educación e de Psicoloxía desta universidade.

Profesora en másters sobre Educación, Familia e Necesidades Educativas Especiais nas universidades de Santiago e de Vigo. Tamén profesora do Máster de Psicoloxía Educativa na USC. Profesora no Curso de Especialista en Educación Emocional na Facultade de Educación da USC. Profesora en cursos e seminarios sobre altas capacidades, intelixencia, motivación e creatividade.

Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago dende 2009 e directora de proxectos de atención educativa no campo da optimización do talento. Tamén é autora da guía O triángulo máxico das altas capacidades para profesorado galego, así como de capítulos de libro e artigos sobre intelixencia, motivación e altas capacidades.

Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional de 2018 a 2020.


MÁS INFORMACIÓN