Santiago de Compostela – 1971
Grupo Parlamentario Popular de Galicia. A Coruña
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutoranda do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago. Máster en Igualdade de Oportunidades, Xénero e Educación Social e en Dirección de Persoal e Recursos Humanos. Avogada especialista en dereito civil e de familia.
Concelleira en Santiago desde maio de 2007. Tamén foi voceira do grupo municipal e da xunta de goberno local. Foi voceira do PPdeG desde xaneiro do 2013 a xuño do 2014. Deputada no Parlamento de Galicia entre os anos 2009 e 2016, nos que desempeñou os cargos de vicevoceira segunda do Grupo Popular e voceira das áreas de Igualdade, Xustiza, Interior, Administracións Públicas, Emigración, Presidencia e Vicepresidencia. Foi elixida senadora o 20 de decembro de 2015 e desempeñou o cargo de voceira adxunta do grupo parlamentario. No PPdeG, actualmente é a súa coordinadora interparlamentaria e forma parte do Comité de Dirección autonómico do partido.
Na X Lexislatura no Parlamento de Galicia é vicevoceira do GPP, presidenta da Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres e voceira do GPP da Comisión 1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede