Rubén Lorenzo insiste no Parlamento que a Xunta “mantén o seu compromiso de impulsar e axilizar a variante de Carballo e o apoio ao polígono industrial”

O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo insistiu hoxe no Parlamento galego que a Xunta “mantén o seu compromiso de impulsar e axilizar a variante de Carballo, o que significa tamén un apoio para o polígono industrial”. “Debería haber lealdade institucional de todos para que este proxecto chegue a ser unha realidade canto antes, pero hai que ser responsables e respectuosos cos prazos e trámites necesarios, así como co traballo dos técnicos para que esta obra se acometa con todas as garantías para os veciños e propietarios afectados, e tamén a nivel ambiental e patrimonial”, apuntou.

Rubén Lorenzo lembrou que os orzamentos da Xunta para 2025 recollen unha partida orzamentaria específica para o desenvolvemento da variante de Carballo, así como a previsión plurianual necesaria para a súa materialización. “Esta previsión faise sempre tendo en conta os prazos de traballo e as diferentes fases do proxecto, e non a demagoxia do PSdeG e do BNG”, dixo.

TRAMITACIÓN E DEFINICIÓN COMPLEXA

Neste momento, o proxecto de trazado da variante de Carballo está sendo sometido

e novembro de 2024. O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo insistiu hoxe no Parlamento galego que a Xunta “mantén o seu compromiso de impulsar e axilizar a variante de Carballo, o que significa tamén un apoio para o polígono industrial”. “Debería haber lealdade institucional de todos para que este proxecto chegue a ser unha realidade canto antes, pero hai que ser responsables e respectuosos cos prazos e trámites necesarios, así como co traballo dos técnicos para que esta obra se acometa con todas as garantías para os veciños e propietarios afectados, e tamén a nivel ambiental e patrimonial”, apuntou.

Rubén Lorenzo lembrou que os orzamentos da Xunta para 2025 recollen unha partida orzamentaria específica para o desenvolvemento da variante de Carballo, así como a previsión plurianual necesaria para a súa materialización. “Esta previsión faise sempre tendo en conta os prazos de traballo e as diferentes fases do proxecto, e non a demagoxia do PSdeG e do BNG”, dixo.

TRAMITACIÓN E DEFINICIÓN COMPLEXA

Neste momento, o proxecto de trazado da variante de Carballo está sendo sometido á consulta ambiental necesaria, sobre a que se presentaron cinco alegacións. Unha vez rematado este trámite, aprobarase o proxecto de trazado e iniciarase o procedemento expropiatorio coa información pública, xa coas prescricións da avaliación ambiental incorporadas.

 

“A Xunta ten unha folla de ruta clara para a variante de Carballo: un proxecto de tramitación e definición complexa, pero para o que se prevé a súa execución o antes posible de acordo coa normativa ambiental, patrimonial, expropiatoria e de estradas”, explicou.

 

Rubén Lorenzo afirmou que o Concello de Carballo “ten na súa man a solución para eliminar o tráfico pesado do barrio de Choris, porque existe unha vía estruturante no PXOM que garantiría a seguridade peonil nesa zona sensible”. Neste sentido, demandou que “se continúe o trazado da Vila de Negreira e dótena de sendas peonís que garantan a seguridade dos carballeses que se achegan ás instalacións deportivas e tamén da poboación escolar, que leva anos poñéndose en perigo cada día que van aos seus centros educativos”