O concelleiro do Grupo Municipal no Concello de Carballo e deputado no Parlamento de Galicia, Rubén Lorenzo, mantivo unha reunión con representantes da Hostalería de Carballo e do Ocio Nocturno co fin de amosar o seu apoio a este sector, que está soportando unha complicada situación provocada pola Covid 19 e ofrecer a colaboración do Grupo Municipal Popular para que o Concello articule medidas que palíen a baixada de ingresos e incluso a desaparición dos mesmos.
Rubén Lorenzo destacou que, neste momento, este sector é dos máis prexudicados, polo que a sociedade e as distintas administracións teñen que facer o posible para devolverlles o sacrificio que fan polo ben común e a protección da saúde.
Durante a reunión, os hostaleiros fixéronlle chegar ao deputado carballés as súas teimas, sobre todo, a falta de axudas tras un peche obrigado e, o que é máis lastimoso para as súas economías, a pesar de que non teñen ingresos polo cese de actividade se lles seguen pasando cargos como recibos de autónomos, taxas do lixo e terrazas, entre outros.
Lorenzo Gómez trasladoulle distintas iniciativas que xa anunciou a Xunta de Galicia e que se porán en marcha nos vindeiros días e outras como as axudas para o pago de alugueres de locais a negocios afectados polo peche obrigatorio, que están activas ata o vindeiro venres, día 27 deste mes.
Finalmente, o deputado Popular comprometeuse a que o seu Grupo Municipal presente no Pleno ordinario do Concello unha iniciativa con distintas demandas para levar acabo unha mellora fiscal que axude a paliar a situación que están a pasar, entre as que lles destacou a exención de taxas terrazas para o 2021; a rebaixa da taxa de lixo para os negocios que teñen unha merma de actividade e exención para os que sofren peches obrigados polas restricións, rebaixa no IBI dos locais, sempre que repercuta nos negocios e axudas directas por parte do Concello. Ademais da exención de taxas en permisos de obra necesarios para adaptar os locais á nova situación derivada da Covid 19.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742