Sandra Vilela celebra que a Xunta ofreza axudas económicas para evitar o peche do secadero de congrio en Muxía

A portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, Sandra Vilela, celebrou hoxe o empeño e o traballo que a Xunta de Galicia está a levar a cabo para evitar o peche do secadero de congro que existe no municipio.

En concreto, a popular explicou que tras a reunión mantida nos últimos días entre o xerente do secadero, Miguel Díz, o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, e representantes das consellerías de Sanidade e do Mar, o Goberno Autonómico puxo sobre a mesa unha serie de medidas sanitarias que a empresa debe seguir para adaptarse ás esixencias que establece a normativa europea e así poder continuar coa súa actividade.

“A Xunta deixou claro desde o primeiro momento que fará todo o posible para evitar que o secadero teña que parar a súa actividade”, apuntou Vilela, quen puxo como exemplo deste empeño o feito de que, desde o primeiro momento, representantes do Goberno galego puxéronse en contacto cos responsables da empresa para buscar solucións.

Neste sentido, a portavoz dos populares avanzou que, ademais das directrices sanitarias, a Xunta de Galicia ofreceu as diferentes liñas de axudas económicas que o executivo galego pon á disposición da empresa para adaptarse ás esixencias marcadas pola normativa europea. “O obxectivo da reunión non só foi asesorar desde o punto de vista xurídico, senón ofrecer recursos económicos para poder desatascar un problema que pon en perigo a continuidade dunha actividade que vai moito máis alá do económico”, dixo a popular.

Analizar o produto
Por outra banda, durante o encontro, e á espera de que emenden os problemas existentes que impide a normal actividade do secadero, a Xunta comprometeuse a realizar unha análise que determine si o xénero que hai na actualidade cumpre os requisitos sanitarios para a súa venda.

“Hai que tentar buscar unha solución para as partidas que están inmobilizadas neste momento. A Consellería de Sanidade procederá nos próximos días a facer unha análise que determine si ese produto pode venderse e, desta forma, non prexudicar economicamente á familia propietaria”, explicou Vilela.

Por último, a popular aproveitou para incidir en que tanto desde a súa formación como desde o Goberno Autonómico sempre se tratou de salvagardar o futuro dunha actividade que conta, dixo Vilela, cunha “arrigo especial en Muxía” e que forma parte da “cultura local”.