Rubén Lorenzo asegura que os orzamentos da Xunta de Galicia certifican o compromiso do Goberno Autonómico coa comarca da Costa da Morte

  • O popular destacou os 8 millóns de euros que permitirán impulsar a VAC Baio-Berdoias e os 2 millóns que servirán para consolidar o crecemento dos polígonos industriais de Carballo, Cabana e de Coristanco

 

  • Lorenzo valorou de maneira “moi positiva” a partida de 1,7 millóns que coa que a Xunta de Galicia levará a cabo a rehabilitación integral do IES Alfredo Brañas e os con 637.000 euros cos que afrontar a ampliación do Colexio Mar de Fora de Fisterra

 

  • Puxo en valor a inversión en política social céntrase na atención á dependencia, así como o fomento de emprego e as rebaixas fiscais para favorecer a emancipación e o acceso á vivenda da xóvenes, e a inversión que permitirá aliviar a presión sobre as familias con menos impostos en sucesións e transmisións

O deputado autonómico do Partido Popular de Galicia, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe que os orzamentos autonómicos presentados o pasado sábado confirman unha ano máis o compromiso da Xunta de Galicia coa comarca e os veciños da Costa da Morte.

 

Analizadas as contas galegas para o ano 2025, o popular destacou a forte aposta que o Goberno Galego fará para impulsar a VAC Baio-Berdoias con 8 millóns de euros neste orzamento e o compromiso de inversión nos vindeiros exercicios con 10 millóns para o 2026 e 12 máis para o 2027 e 2028.

 

“Falamos dun proxecto de moita importancia para mellorar as comunicacións na nosa comarca”, indicou Lorenzo, quen no quixo esquecer o medio millón de euros que o documento recolle para levar a cabo a variante de Carballo, e o que cualificou de “aposta clara” polo solo industrial reflexada nos dous millóns de euros que servirán para consolidar o crecemento dos polígonos industriais de Carballo, Cabana e de Coristanco.

 

Lorenzo detívose tamén nos catro millóns de euros que a Xunta de Galicia destinará para seguir avanzando nas obras de saneamento e abastecemento, así como nos seis millóns de euros para loitar contra o risco de inundacións.

 

O popular non quixo esquecer o 725.000 euros que a Xunta investirá en infraestruturas portuarias e os 800.000 e melloras para a eficiencia enerxética dos edificios públicos nos xulgados de Carballo e Corcubión.

 

“Estamos a falar dunhas contas reais, baseadas nunhas previsións certas e que servirán para impulsar a nosa comarca en todos os niveis”, afirmou Lorenzo, quen destacou o feito de que unha vez máis a Xunta de Galicia cumpre coa súa obriga de presentar o orzamento en “tempo e forma”.

 

Inversións en Carballo

A nivel local, o tamén portavoz do Partido Popular de Carballo mostrouse moi ledo o coñecer que, despois da inauguración do salón de actos neste ano, a nova da rehabilitación integral do IES Alfredo Brañas recibirá unha partida de 1,7 millóns para o 2025, e a ampliación do Colexio Mar de Fora de Fisterra contará con 637.000 euros.

 

En materia de sanidade, Lorenzo avanzou que a previsible sinatura nos vindeiros meses do convenio de entrega dos terreos por parte do Concello de Carballo ao Sergas, traerá consigo unha partida económica, dentro dos 2,6 millóns previstos nas contas da Xunta, para avanzar no CIS de Carballo, infraestrutura que, dixo, suporá un antes e un despois na atención sanitaria na Comarca de Bergantiños.

 

En canto ás políticas que favorecen directamente ás persoas, ademais do investimento en educación e sanidade, Lorenzo apuntou que a inversión en política social céntrase na atención á dependencia, así como o fomento de emprego e as rebaixas fiscais para favorecer a emancipación e o acceso á vivenda da xóvenes, e a inversión que permitirá aliviar a presión sobre as familias con menos impostos en sucesións, transmisións e outros.