A PROVINCIA

Rubén Lorenzo pon en valor o compromiso da Xunta con Bergantiños e a Costa da Morte nos Orzamentos de 2027

O deputado do Partido Popular na provincia de A Coruña, Rubén Lorenzo, pon en valor o compromiso da Xunta de…
Ler máis

A Xunta incrementa un 18 % o investimento en Ferrol e comarca, con máis de 161,7 millóns de euros nos orzamentos

O presidente do Partido Popular de Ferrol, José Manuel Rey Varela, realizou hoxe unha valoración dos orzamentos da Xunta de…
Ler máis

Verea aplaude as 400 vivendas públicas e a gratuidade das escolas infantís como exemplo “do Santiago que quero”

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, puxo en valor as máis de 400 vivendas de promoción pública…
Ler máis

Carmen Pomar destaca a aposta da Xunta pola comarca de Santiago con 34,5 millóns de euros para impulsar 695 vivendas públicas

A deputada do Partido Popular pola provincia de A Coruña, Carmen Pomar defendeu hoxe que os investimentos previstos pola Xunta…
Ler máis

Rueda pide “esforzos renovados” aos populares coruñeses para contribuír a que Galicia sexa “motor do cambio” en España con Feijóo á fronte

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, aspira a que Galicia sexa “peza fundamental e motor do cambio en España” para contribuír á vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas Eleccións Xerais do 29 de novembro. Así o manifestou na Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña, onde resaltou que xa hai data “para o cambio, para empezar a reconstruír todo o que destruíu Sánchez”. Neste sentido, pediulles aos populares coruñeses “esforzos renovados” e non dar ningunha batalla por vencida.   Así o destacou durante a reunión, que encabezou xunto ao presidente do partido na provincia, Diego Calvo, e na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado. Rueda sinalou que as vitorias se constrúen “desde abaixo”. Así, animou aos populares a “xerar confianza, dar estabilidade e ser exemplo de que as cousas aquí funcionan”, pondo en valor o modelo de “estabilidade e moderación” do Goberno galego fronte aos oito anos de “caos e corrupción” do Goberno sanchista.   Para Rueda, as razóns de que Pedro Sánchez convocase agora eleccións  fundaméntanse en que “non lle saíu a xogada de tapar con dous decretos trapalleiros oito anos de inacción en vivenda”. Neste punto, lembrou que o presidente do Executivo central volveu incumprir un ano máis o seu propio anuncio de presentar os Orzamentos Xerais do Estado -segue cos de 2023- e que cada día se coñecen máis detalles das diferentes tramas corruptas do Goberno.   Ademais, afea a PSdeG e BNG que este modelo de “caos e corrupción” de Sánchez sexa “o que defenden” e o que se replica en cidades como A Coruña e Santiago de Compostela. “Mentres os do NON seguen negando calquera opción de progreso, nós queremos aproveitalas todas”, apuntou.   Para o presidente do PPdeG, Galicia fai o que debería ser normal pero que, por desgraza é cada vez máis excepcional. Así, subliñou medidas do Goberno galego do PP como o plan de vivenda, xa que se están construíndo máis de 4.000 vivendas en toda a comunidade autónoma, delas son máis de 1.000 de promoción pública na Coruña. Ademais, tamén se referiu á zona tensionada da Coruña e de Santiago de Compostela, sinalando que o Goberno do PPdeG xa avisara do que pasaría con estas medidas: “un auténtico fracaso”, dixo.   Tamén puxo en valor o modelo galego de Orzamentos, xa que se presentan en tempo e forma todos os anos; ou a captación de proxectos de gran envergadura como o xigante automobilístico SAIC, sinalando que vai supoñer “un antes e un despois” para a provincia da Coruña. “Aquí en Galicia buscamos o progreso. Non poñemos obstáculos innecesarios”, engadiu. Para Rueda, o modelo galego é o dun “modelo estable, unido, con folla de ruta e con prioridades claras: a xente”.   Na reunión da Xunta Directiva tamén puxo o foco nos próximos retos electorais, sinalando que o que pase nas Xerais influirá despois nas municipais. Por iso, animou aos populares a seguir medrando nos concellos, sen renunciar a nada.   DIEGO CALVO:  “O OBXECTIVO É GAÑAR CON CLARIDADE”    Pola súa banda, Diego Calvo fixo fincapé en que o vindeiro 29N os españois teñen a oportunidade de decidir o país que queren para os próximos catro anos. “Estamos ante unha cita transcendental, un momento decisivo para o futuro de España e non podemos fallar”, sinalou.   Neste sentido, mostrouse convencido de que a provincia da Coruña saberá responder e poderá poñer o seu gran de area para poñer punto e final a un Goberno marcado pola corrupción, responsable dunha confrontación política que dividiu os españois e incapaz de acadar acordos.  …
Ler máis

Diego Calvo presenta a Asier Polo como candidato do PP de Melide e anuncia “unha nova etapa” para o partido no municipio

O presidente provincial do Partido Popular da Coruña, Diego Calvo, presentou hoxe a Asier Polo como candidato do PP de Melide, nun acto no que anunciou o inicio dunha “nova etapa” para a formación no municipio, baseada nunha “nova enerxía, un novo equipo e un novo rumbo”.   Durante a súa intervención, Calvo, acompañado polo secretario xeral do PP Miguel Tellado,  destacou que a candidatura de Asier Polo representa a renovación do Partido Popular de Melide. O presidente provincial puxo en valor a súa mocidade, o seu coñecemento do municipio e da política municipal, así como a súa experiencia no traballo de campaña e no contacto directo cos veciños.   Esta renovación non implica esquecer a traxectoria da formación, lembrando que o Partido Popular xa gobernou Melide e coñece a responsabilidade que supón asumir a xestión municipal, tomar decisións e dar a cara ante os cidadáns.     “A xente en Melide ten demostrado vota PP  nas eleccións xerais e autonómicas e temos que facer que volva a votar PP cunha maioría suficiente para poder gobernar tamén nas municipais”, dixo Calvo.   Abrir, sumar, unir e escoitar  Neste sentido, Diego Calvo defendeu a necesidade de abrir o partido a persoas que queiran participar, con independencia de que conten ou non con experiencia política. “Temos que sumar talento, ideas e ganas de traballar; unir a todos aqueles que queren que Melide avance; e escoitar máis aos veciños antes de definir os proxectos”, afirmou.   O presidente provincial explicou que esta nova etapa debe abandonar a mirada permanente cara ao pasado para centrarse no futuro, saír á rúa, falar coa cidadanía e volver situar o Partido Popular no centro da vida municipal de Melide.   Sobre Asier Polo, o presidente provincial asegurou que a súa incorporación non responde simplemente á ocupación dun posto, senón ao liderado dunha nova etapa na que se combinarán experiencia e mocidade e na que se buscará recuperar un elemento que Calvo considera imprescindible na política: a confianza.   Finalmente, Diego Calvo animou ao novo candidato ante o reto que ten por diante e destacou a oportunidade de abrir “unha páxina nova na historia do Partido Popular de Melide”.    “Esta páxina comeza hoxe”, afirmou Calvo, resumindo o novo rumbo do PP de Melide en catro verbos: abrir, sumar, unir e escoitar.
Ler máis

O PPdeG pon en valor o compromiso e apoio do Goberno galego co sector escénico e cos festivais como o FIOT

O PPdeG reivindicou o compromiso continuo do Goberno galego co sector escénico e puxo en valor o seu apoio estratéxico…
Ler máis

O PPdeG acusa os alcaldes socialistas de boicotear calquera proposta que permita mellorar a conservación, coidado e protección das Fragas

O PPdeG acusou hoxe os alcaldes socialistas de tratar de boicotear calquera proposta que permita mellorar a conservación, o coidado e a protección das Fragas do Eume. Así o expuxo o voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular no Parlamento galego, Gonzalo Trenor, tras a reunión mantida pola Comisión de Medio Ambiente do Partido Popular na provincia da Coruña.   Os populares defenderon una vez máis que o Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) establece un réxime de protección que compatibiliza a conservación dos valores naturais coa continuidade dos usos e aproveitamentos legalmente admisibles no territorio.   Neste sentido, Trenor acusou os socialistas de ser o únicos que se opuxeron a calquera proposta que avance na mellora das Fragas, e lembrou que foi o PSOE o que pagou autobuses para manifestarse en contra, financiou preitos contra o Parque Natural e, o mesmo presidente da Deputación da Coruña e alcade de As Pontes ofreceuse para facer fronte a litixios persoais.   “Se alguén non pode dar leccións sobre este asunto son os alcaldes socialistas”, afirmou o popular, quen suliñou que o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ten avalado a actuación da Xunta de Galicia na protección e conservación das Fragas do Eume.   Bulos socialistas  Lonxe de quedarse aquí, Trenor acusou tamén ao PSOE de difundir bulos sobre a participación  na redacción e a elaboración do PRUX, así como na afirmación de que o Plan impide realizar labores de mantemento forestal e prevención de incendios e en que o texto limita os dereitos dos propietarios.   “O PRUX foi elaborado a través dun longo proceso participativo aberto aos propietarios e a todos os axentes ligados a este espazo”, defendeu Trenor, quen suliñou que a Xunta recibiu 456 achegas das que máis do 62% foron incorporadas ao texto definitivo.   En canto aos dereitos dos propietarios, o deputado popular indicou que, lonxe de limitalos, o texto propón un réxime de usos graduado que pretende compatibilizar a conservación dos valores naturais coa continuidade dos aproveitamentos tradicionais e das actividades legalmente admisibles.   “O que non vai a permitir o PRUX e encher o parque natural de eucaliptos, nin permite que o PSOE faga unha macrourbanización nos terreos”, apuntou Trenor.   Xa por último, o popular asegurou que hai que ser “moi ruín” para lanzar a dúbida de que o PRUX non permite os traballos de prevención de incendios. “Todos os traballos de limpeza e desbroce están autorizados”, sentenciou Trenor.
Ler máis

O PPdeG destaca o éxito de Boiro Xoga como exemplo da aposta da Xunta pola innovación e a dinamización local

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia Magdalena Pérez e Ángel Rodríguez, acompañados do presidente do Partido Popular de Boiro, Nolo Romero, visitaron as actividades da campaña extraordinaria Boiro Xoga, onde destacaron o firme compromiso da Xunta de Galicia co impulso e a modernización do comercio de proximidade a través das axudas aos Centros Comerciais Abertos (CCA).   Esta iniciativa, promovida pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), é a primeira que se dá a coñecer das cinco campañas extraordinarias apoiadas polo Goberno galego nesta convocatoria. Trátase de proxectos que foron recoñecidos pola súa calidade, capacidade de innovación e impacto no territorio, e aos que o Executivo autonómico destina un importe total próximo aos 100.000 euros. En termos globais, a orde de axudas da Xunta mobiliza máis de 2,35 millóns de euros para apoiar a un total de 56 centros comerciais abertos de toda Galicia.   APOIO AUTONÓMICO Á EXCELENCIA E ÁS BOAS IDEAS  Durante a visita, a deputada popular Magdalena Pérez subliñou o “potencial dinamizador” dunha campaña que, durante semanas, converte a Boiro no escenario dun xogo de mesa creado especificamente arredor das súas rúas, espazos e negocios. “Boiro Xoga demostra unha enorme capacidade para unir comercio, ocio e participación cidadá en beneficio directo dos nosos negocios locais. É unha fórmula atractiva para fixar as compras”, sinalou.   Pola súa banda, Ángel Rodríguez gabou o compoñente innovador da proposta, que combina o formato físico co dixital. A clientela poderá conseguir o xogo a través dun sistema de puntos e participar na versión en liña mediante a web da ABE ou con códigos QR. Ademais, os establecementos participantes entregarán vales de xogo por compras iguais ou superiores a 20 euros. “O apoio da Xunta a estas cinco propostas extraordinarias demostra que o Goberno galego non só financia, senón que premia e incentiva a excelencia e as boas ideas que dinamizan os nosos concellos”, concluíu o deputado popular.   IMPULSO AO COMERCIO LOCAL DE BOIRO  Pola súa banda, o presidente do PP local amosou a súa satisfacción pola calidade do tecido empresarial do concello: “En Boiro temos a sorte de contar cunha Asociación Boirense de Empresarios moi activa e que dá exemplo de emprendemento con este tipo de iniciativas tan orixinais e novidosas”. Neste sentido, puxo en valor a aposta firme que desde o Goberno galego se fai por este tipo de iniciativas que impulsan o comercio local, recoñecendo a Boiro como un dos referentes autonómicos dentro da figura dos centros comerciais abertos”, engadiu.  …
Ler máis

El PP destaca que la Xunta construye vivienda para jóvenes en A Coruña mientras Inés Rey acumula promesas incumplidas

Con el inicio del nuevo curso académico, el acceso a una vivienda y a un alojamiento asequible vuelve a ser una de las principales preocupaciones para los jóvenes que llegan a la ciudad para estudiar. En este contexto, el concejal del PP en A Coruña y parlamentario autonómico Roberto Rodríguez ha puesto en valor, en una visita a la universidad, la apuesta de la Xunta de Galicia por facilitar el acceso a la vivienda en A Coruña, especialmente para los jóvenes, frente a la falta de resultados del Gobierno municipal de Inés Rey.   Rodríguez pone como ejemplo la nueva residencia universitaria de 150 plazas que la Xunta construirá en el campus de Elviña, con una inversión superior a los 2 millones de euros, una actuación que permitirá ofrecer una alternativa de alojamiento a estudiantes que cada curso llegan a Coruña.   Este proyecto se enmarca en el compromiso del Gobierno gallego de incrementar la oferta residencial y facilitar el acceso a la vivienda, con especial atención a los jóvenes. La Xunta mantiene actualmente viviendas en distintas fases de ejecución y ha situado la construcción, la rehabilitación y la puesta a disposición de suelo como ejes de su política de vivienda.   FRENTE A LA INVERSIÓN, PROMESAS INCUMPLIDAS    El PP contrapone esta política con los compromisos adquiridos por Inés Rey durante la campaña electoral, cuando anunció la creación de 1.300 viviendas en A Coruña y una línea de alquiler específica para jóvenes.   “La Xunta está poniendo recursos y construyendo; Inés Rey sigue sin cumplir aquello que prometió a los coruñeses”, señala el parlamentario popular.   Lamentan que, mientras el acceso a la vivienda se ha convertido en uno de los principales problemas para los ciudadanos, el Ayuntamiento no haya sido capaz de materializar las medidas anunciadas por la alcaldesa.   “Los jóvenes que quieren estudiar, trabajar o quedarse a vivir en A Coruña necesitan soluciones, no anuncios. Inés Rey prometió 1.300 viviendas y una línea de alquiler para jóvenes. No hay ni una cosa ni la otra”, afirma.   El parlamentario popular recuerda además que las políticas impulsadas por el Gobierno municipal no han conseguido aumentar la oferta de vivienda en alquiler ni facilitar el acceso a una vivienda, sino que la ciudad afronta hoy mayores dificultades para quienes buscan un hogar.   Para Roberto Rodríguez, la diferencia entre ambas formas de gobernar es clara: “La Xunta planifica, presupuesta y ejecuta. Inés Rey anuncia y no cumple”.
Ler máis