A Deputación da Coruña envía aos concellos máscaras prácticamente caducadas cando “pouco ou nada” axudou na pandemia

O viceportavoz do Partido Popular na Deputación da Coruña, Evaristo Ben, mostrouse moi tallante esta mañá respecto ao futuro de Valentín González Formoso como presidente da institución provincial, despois de que os populares denunciasen o envío masivo aos concellos de máscaras que caducan dentro dun mes.

“É a enésima chapuza que sofren os veciños da provincia da Coruña por culpa do desgoberno que ten provocado o señor Formoso na institución provincial”, apuntou Ben, que insistiu en que o secretario xeral do PSdeG debe elixir entre gobernar a Deputación da Coruña ou dirixir a formación socialista.

Despois do “desastre ou broma e mal gusto” do envío das máscaras, os populares consideran que é un bo momento para que o socialista siga o exemplo e tome nota da decisión adoptada por Alberto Núñez Feijoo no día de hoxe. “O señor Formoso leva tempo preocupado polo que facía o hasta hoxe presidente galego e esixíndo que debería decidir, agora tócalle a el decidir entre gobernar a Deputación da Coruña e dirixir o PSdeG”, apuntou Ben.

Nesta liña, e despois de subliñar que Núñez Feijoo podería compatibilizar a presidencia do PP coa da Xunta, o viceportavoz popular asegurou que a decisión do xa ex presidente autonómico débese a que entendeu que Galicia esixe unha dedicación a tempo completo. “Iso mesmo é o que ten que entender González Formoso. A Deputación da Coruña non é un entretemento, demanda dedicación plena, e aquí o problema é que o seu presidente nin está, nin se lle espera”, dixo.

Esixir explicacións
Volvendo ao tema das máscaras, o popular defendeu que o executivo provincial debe aclarar por que os concellos, nos momentos máis graves da pandemia e cando peor o estaban a pasar, non recibiron o importante número de máscaras que están a recibir agora, cando o seu uso xa non é obrigatorio.

“Os veciños pregúntanse onde estaban estas máscaras cando se necesitaban e era moi complicado atopalas. Sería moi grave que as tivesen almacenadas e que non as repartiran, pero tamén sería moi grave que as compren agora e as entreguen cando só falta un mes para que caduquen”, denunciou Ben.

Por último, o popular aproveitou a súa intervención para comparar dous modelos de xestionar unha institución pública. Por unha banda, o do Goberno da Xunta de Galicia que inviste o 95% do orzamento do apartado de investimentos e, polo outro, o dunha Deputación na que este apartado non supera o 40%.

“Isto é o que temos o seu soportar os veciños da provincia da Coruña. Con todas as dificultades que sofren os concellos, a Deputación da Coruña deixa de gastar unha parte moi importante dunha partida que é fundamental para o desenvolvemento social e económico dos municipios e, ademais, xera un gasto de 700.000 en depósitos bancarios”, concluíu Ben.