A Xunta Directiva provincial dá luz verde á celebración dos congresos locais de Fene, Betanzos e Oleiros

A Xunta Directiva do Partido Popular na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, deu luz verde á celebración dos congresos locais dos municipios de Fene, Betanzos e Oleiros.

Na reunión celebrada onte, os populares acordaron que a primeira das citas levarase a cabo o próximo 28 de outubro, un día antes da cita betanceira. Pola súa banda, os afiliados de Oleiros están convocados para elixir ao seu presidente local o 6 de novembro.

A reunión serviu tamén para fixar que Tamara Miragaya López será a presidenta do Comité Organizador do Congreso de (COC) de Fene, mentres que María José Doporto Sabín e José Manuel Devesa Núñez o serán de Betanzos e Oleiros, respectivamente.

A oito meses da celebración das eleccións municipais, desde a dirección provincial do Partido Popular apostan por seguir adiante coa posta a punto dos equipos locais para afrontar coas mellores garantías unha cita que, segundo Calvo, debe ser o punto de partida do “cambio político” que necesita España para deixar atrás a “nefasta” e “errática” xestión levada a cano por Pedro Sánchez nos últimos anos.

Neste sentido, a nova convocatoria do congreso locais enmárcase dentro do proceso iniciado pola dirección provincial hai uns meses e que ten como obxectivo, entre outros, manter á súa formación “activa, en constante escoita e preparada para presentar propostas e alternativas aos problemas dos veciños”.