A Xunta Directiva provincial do PP dá luz verde aos congresos locais de Ribeira e de A Coruña

A Xunta Directiva do Partido Popular na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, deu luz verde esta tarde á celebración dos congresos locais nos municipios de Ribeira e de A Coruña. A cita de Ribeira será o xoves 14 de xullo, e un día máis tarde terá lugar na capital herculina.

Os afiliados que queiran presentar a súa candidatura terán ata o mércores 6 de xullo ás oito da tarde para recoller os avais necesarios en cada un dos dous municipios. Ao día seguinte, o xoves 7 de xullo, arrincará a campaña que terminará un día antes da celebración de cada un dos congresos.

A Xunta Directiva provincial aprobou tamén os nomes dos integrantes dos Comités Organizadores do Congreso (COC). No caso de Ribeira, a presidenta será Ana Barreiro Rego, mentres que na Coruña será Martín Fernández Prado o que lidere o órgano encargado de velar polo bo facer da cita herculina.

A convocatoria dos congresos responde á importancia de que a os populares poda afrontar a cita electoral local do ano que ven mellor preparados que nunca para, no caso de Ribeira, revalidar a alcaldía e, na cidade de A Coruña, volver a gobernar.

Deste xeito, o PP da Coruña avanza no proceso de renovación e actualización dos seus equipos de cara ás próximas eleccións. A intención e presentar antes do mes de agosto aos candidatos dos 93 concellos da provincia.